Amósame, Señor, os teus camiños - Salmo 24

Domingo 3 Tpo. Ordinario - Salmo 24


PREGARIA

Chámasme a min, Xesús,
eu quero sentir no fondo do meu corazón
a voz da túa chamada.
Que a sinta e que a colla,
coma Pedro e Andrés,
coma Santiago e Xoán.

Chámasme a min, Xesús,
gustaríame descubrir
o engado da túa persoa e do teu proxecto,
arrastrándome desde dentro
coa forza do amor e da amizade íntima.

Chámasme a min, Xesús,
quero seguirte aínda que me custe,
aínda que teña que renunciar a algo,
aos meus proxectos, aos meus gustos,
ás miñas comodidades, á miña familia,
ao menú proveito.

Chámasme a min, Xesús,
para aprender cousas da vida cabo de ti,
para gozar da túa amizade cada día,
para gozar da compaña e alento doutros compañeiros.

Chámasme a min, Xesús,
para facer contigo e co teu grupo
algo novo no pobo,
para axudarche a curar as doenzas do pobo,
para soñar cada día, aínda que custe
unha alborada máis feliz para todos.

Comentarios

Publicacións populares