RECORDATORIO: "FAGAMOS IGREXA GALEGA"
Lembrade que hoxe nos vemos en Santiago ás 17:30h,
no colexio La Salle.
FOTO: gl.wikipedia.org
REUNIÓN CONVOCATORIA
“Fagamos Igrexa Galega”
(27/12/19)
ORDE DO DÍA
1. Breve
explicación dos Obxectivos:
-
Devolver a ilusión e a esperanza a todos
os que traballaron no eido do galego na Igrexa
-
Unir forzas e elaborar proxectos comúns
para toda a comunidade eclesial galega
-
Reflexionar sobre a realidade actual da
Igrexa galega
-
Recoñecer e satisfacer as necesidades
reais da nosa Igrexa hoxe
-
Dar a coñecer os novos proxectos que
recolleu a editorial SEPT
-
Ampliar e renovar o canto litúrxico
galego
-
Unir nunha plataforma común os recursos
existentes na nosa lingua en Internet
2. Conclusións
da 1ª reunión:
-
Facer un mapa
da galeguidade na Igrexa para coñecernos e recoñecernos e poñernos en valor.
-
Facer unha
reflexión sobre o que realmente necesitamos.
-
Facer un
traballo de calidade para que queiran acceder a el e compartilo.
-
Usar unha
linguaxe distinta, de comunidade, cunha mentalidade teolóxica de Pobo de Deus.
-
Facer cousas
novas, reeditar o que se necesite, recuperar o que estea sen compartir .
-
Faltan dous
rituais. Hai que publicalos.
-
Facer ver á
Igrexa que é a única gran institución de Galicia que non usa o galego de xeito
oficial.
-
Celebrar unha
reunión para profundar no tema: 27/12/19
3. Definición
dos novos obxectivos para a creación dunha Plataforma
desde onde comunicarnos e compartir o traballo en común.
Comentarios
Publicar un comentario