CONVOCATORIA PLATAFORMA: FAGAMOS IGREXA GALEGA

Benqueridos/as IRMÁS/NS.

Envíovos a convocatoria xeral que fixemos 
desde a Editorial SEPT para traballar na inculturación
na Igrexa galega (a moitos xa lle chegou o runrún…). 



Seguindo as indicacións do Concilio Vaticano II 
e as necesidades que remarcaron os mozos 
na Christus vivit -todo un capítulo, o sexto, lembra 
esta necesidade-, un grupo de crentes aos que 
convocamos de xeito consultivo, os máis achegados, 
reunímonos o pasado xoves 17 de outubro para falar 
sobre a posibilidade de facer unha plataforma para unir 
esforzos neste eido. Despois da reunión, vimos viable 
esta plataforma pero vemos a necesidade de falar entre 
todos o xeito de enfocar o traballo e o futuro.

Xa hai alguna iniciativa en proceso e queremos 
invitarvos a participar desta xuntanza e que o 
comuniquedes tamén a todos aqueles que vos
parezan implicados nesta labor. Sería bo ter unha idea 
aproximada de asistentes, polo que envío tamén unha 
ficha de asistencia para poder calcular o aforo.

Desde o compromiso e a alegría cristiá, poñémonos 
mans e corazóns a traballar.

ALÉDATE, COMPARTE E ESPALLA!


Esperamos vernos nesa próxima reunión o venres 
27 de decembro, ás 17.30h, no colexio La Salle de 
Santiago de Compostela. Apuntando na axenda 
para non esquecerse. En breve, enviaremos a orde 
do día para ir pensando o que ten maior prioridade.

Unha leda e agarimosa aperta na fe.

Nuria M. Núñez. Secretaria da Editorial SEPT    



PD Os músicos teñen hoxe unha convocatoria específica para falar do tema da música 
relixiosa galega, para non alongar moito a reunión, sabemos que hai moito do que falar. 
Graciñas pola paciencia.


Comentarios

Publicacións populares