CONVOCATORIA MÚSICOS


Benqueridos/as irmáns/ás:

Sabemos que moitos estades ao tanto de que estamos intentando recuperar 
e renovar o cantoral relixioso galego, os que non o sabiades, espero que 
recibades a noticia con alegría e esperanza; pero estas cousas necesitan 
a man de todos nós -coma sempre, na Igrexa e no mundo, entre todos
construiremos-. Nesta convocatoria todo o mundo pode participar: 
compositores, cantantes, coros, parroquias... hai traballo para todos e 
todos podedes colaborar na medida das vosas posibilidades. 

Como son moi atrevida, fago esta chamada tamén aos que me pedíchedes 
algunha partitura dos cantos litúrxicos galegos, porque entendo que os
utilizades nas vosas celebracións e podedes axudar tamén.

O próximo luns 16 de decembro, reunirémonos todos os que estamos
interesados en colaborar neste eido no Colexio La Salle de Santiago,
ás 17.00h. É unha convocatoria aberta, polo que podedes compartir esta 
mensaxe con todos os que coñecedes e pensades que tamén lles gustaría
participar, cantos máis sexamos mellor, así podemos facer un pouquiño
cada un sen agoniar a ninguén.

Esperámosvos con alegría e expectación, conscientes do camiño que 
queda por diante e a ilusión que poñemos neste misión. Os mozos da nosa
terra, coma do resto do mundo no Sínodo da Mocidade, pediron que nos
implicásemos na inculturación, é hora de que reciban resposta da Igrexa.


Unha enorme e fraternal aperta na fe.
Facemos camiño... 

Nuria M Núñez 



Comentarios

Publicacións populares