Domingo Sagrada Familia - ciclo A
A
SAGRADA FAMILIA: XESÚS, MARÍA E XOSÉ
Primeira
Lectura Sir 3, 3-7. 14-17a (gr. 2-6. 12-14)
LECTURA DO LIBRO DO ECLESIÁSTICO
Quen
teme o Señor honra os pais
O
Señor honrou o pai máis cós fillos
e
afincou o dereito da nai sobre o dos nenos.
Quen
honra a seu pai redime as culpas.
Quen
enxalza a súa nai é coma quen atesoura.
Quen
honra a seu pai gozará dos fillos
e
cando vaia pregar será atendido.
O
que respecta o pai terá vida longa
e
quen obedece ao Señor daralle consolo a súa nai
Meu
fillo, persevera no honrar a teu pai,
non
o desatendas nos días da túa vida.
Aínda
que perda o xuízo, tenlle miramento
e
non o aldraxes todo o tempo que viva.
O
ben que se lle faga a un pai non será borrado,
hache
valer como compensación do pecado;
No
día da proba teráseche en conta;
coma
coa calor a xeada esluiranse as túas culpas
Palabra
do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal
127, 1-2. 3. 4-5.
R/.
(cf. 1): Ditosos
os que temen o Señor e van polos seus camiños.
Ditosos
os que temen o Señor,
os
que seguen os seus camiños.
Comerás
do traballo das túas mans,
serás
ditoso, serás afortunado.
A
túa muller coma parra fecunda
no
interior da túa casa;
os
teus fillos coma gromos de oliveira
arredor
da túa mesa.
Así
será bendito
o
home que teme o Señor.
Que
o Señor te bendiga desde Sión,
que
goces coa prosperidade de Xerusalén
todos
os días da túa vida.
Segunda
Lectura Col 3, 12-21
LECTURA
DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS COLOSENSES
Vida familiar na presenza do Señor
Irmáns:
Como
elixidos de Deus, santos e benqueridos, revestídevos de sentimentos
de misericordia, de bondade, de humildade, de sinxeleza, de
tolerancia. Aturádevos uns aos outros e perdoádevos, cando un teña
queixa doutro; coma o Señor vos perdoou, perdoádevos tamén vós.
E,
por riba de todo isto, cinguídevos co amor, que é o lazo que todo o
une e leva á perfección. Que a paz de Cristo goberne os vosos
corazóns, xa que a ela vos chamaron coma membros dun mesmo corpo. E
sede agradecidos.
Que
a palabra de Cristo habite en vós con toda a súa riqueza.
Ensinádevos e alentádevos uns a outros o mellor que saibades. Co
corazón cheo de agradecemento cantádelle a Deus salmos, himnos e
cántigas inspiradas.
E
todo canto fagades, de palabra ou de obra, facédeo para honra de
Xesús, o Señor, dándolle grazas a Deus Pai por medio del.
Mulleres,
sede dóciles aos vosos homes como cómpre a unha muller cristiá.
Homes, amade as vosas mulleres e non sexades ríspetos con elas.
Fillos,
sede ben guiados en todo cos vosos pais, que isto é cousa agradable
ao Señor. Pais, non asoballedes os vosos fillos, para que non saian
coitados.
Palabra
do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Col
3, 15a. 16a
Se
non se canta, pódese omitir
Aleluia,
aleluia.
Que
a paz de Cristo reine nos vosos corazóns;
que
a palabra de Cristo habite de abondo en vós.
Aleluia.
Evanxeo Mt
2, 13-15. 19-23
LECTURA
DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Toma o neno e a súa nai e escapa a Exipto
En
canto se foron os magos, un anxo do Señor apareceulle a Xosé en
soños e díxolle:
‑
Érguete, colle o neno e mais a nai e fuxe para Exipto. Non te movas
de alí ata que eu te avise, porque Herodes vai buscar o neno para
acabar con el.
Xosé
ergueuse, colleu o neno e mais a nai, pola noite, e alá se foi para
Exipto. Alí permaneceu ata a morte de Herodes, cumpríndose así o
que dixera o Señor por medio do profeta:
Chamei
o meu fillo para que saíse de Exipto.
En
morrendo Herodes, o anxo do Señor aparecéuselle en soños a Xosé
en Exipto e díxolle:
‑
Érguete, colle o neno e mais a nai e volve para a terra de Israel,
que xa morreron os que querían acabar co neno.
Ergueuse
Xosé, e collendo o neno e mais a nai, foise para a terra de Israel.
Pero, ao saber que Arquelao reinaba en Xudea, en lugar de seu pai,
sentiu medo e non se atreveu a ir alá. Avisado en soños, marchou
para a banda de Galilea, indo vivir a unha vila chamada Nazaré.
Cumpriuse
así o que dixeran os profetas: que se chamaría nazareno.
Palabra
do Señor R/. Loámoste, Cristo
Comentarios
Publicar un comentario