Oracional ADVENTO 1A
A Editorial SEPT comezaba hoxe unha nova publicación
que se viu frustrada por motivos técnicos,
de xeito provisional, tedes acceso a ese material neste blog.
Esperamos solucionar o problema en breve,
desculpade as molestias.
Moitas grazas a todos os que participades directamente
coa vosa xenerosidade neste proxecto:
Manolo Regal co texto, Javier de Montse coa música do Evanxeo
e Adrián coa antífona do Salmo.
.

QUE ABRAMOS OS OLLOS
Que abramos os ollos, Señor,
os ollos do corpo e do corazón,
para contemplar a túa presenza interminable
no medio de todo o que cada día vemos e vivimos.
Que saibamos entender, Señor,
guiados pola túa sabedoría de vida,
para adiviñar o teu paso humilde
entre a xente máis humilde e calada.
Que nos dispoñamos a prepararnos ben Señor,
acompañadas pola túa luz,
para as horas menos pensadas
nas que ti queiras vir e estar,
gratuitamente,
coa túa crítica e sacudida,
co teu abrazo e consolo.
A nosa casa quere estarche aberta,
a nosa vida quere ser túa.
Entra,
acomódate,
fagamos fogar,
fagamos unidade,
fagamos fraternidade responsable.

Manolo Regal
Comentarios
Publicar un comentario