XMX 2019 - CANTEMOS EN GALEGO

Coma en todas as convocatorias da XMX, 
vaise cantar o himno principal en moitas das linguas do mundo, 
xa hai anos que se fai en catalán e euskera, 
eu tiña a ilusión de facelo este ano tamén en galego, 
pensando, sobre todo, nos galegos de América, 
xa que poucos van ir hasta Panamá polos cartos e polas datas, 
que menos que enviar as voces dos nosos mozos e mozas.
Así que, aquí tedes as voces dos amigos de Santiago, 
que se prestaron a cantar unha maqueta 
para que aprendades o canto.

Buscamos a mocidade con boa voz 
de tódalas dioceses de Galicia 
que teñan ilusión por participar neste proxecto 
que terá que gravarse en breve, 
tamén instrumentistas que queiran participar. 
Animádevos a formar parte deste proxecto tan emocionante. 
Como hai que gravar vídeo tamén, 
se hai alguén que se preste como voluntario, 
tamén necesitamos xente capaz de facelo, 
cartos, máis ben a poñer,
 as cousas que se fan en galego na Igrexa son así... 



 

 



Poñédevos en contacto comigo, Nuria Núñez, 
da diocese de Tui-Vigo a través do correo: 
xanostesaqui@gmail.com



Comentarios

Publicacións populares