Domingo 29 de Ordinario B
Primeira
Lectura Is 53, 10-11
Entrégase a súa vida en expiación, verá unha
descendencia lonxeva
LECTURA DO LIBRO DE ISAÍAS
O Señor quixo esmagalo co seu
sufrimento:
Si,
entrega a túa vida en expiación polo pecado.
Pero
el verá descendencia, alongará os seus días
e
por medio del cumprirase a salvación do Señor.
Polos
traballos da súa vida verá a luz,
alcanzará
a sabedoría.
O
Xusto volverá xusto o seu Servo
para
o ben de moitos
e
as iniquidades destes el soportará.
Palabra do
Señor
R/. Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 32, 4-5. 18-19. 20 e
22
R/. (22):
Veña a nós, Señor, a túa misericordia, como de ti o esperamos.
A
palabra do Señor é recta
e
todas as súas obras son leais:
El
quere o dereito e a xustiza,
a
súa misericordia enche a terra.
Os
ollos do Señor miran polos seus fieis,
polos
que esperan na súa misericordia,
para
librar a súa vida da morte,
para
os manter no tempo da miseria.
Nós
agardamos o Señor:
El
é o noso socorro, o noso escudo.
Veña
a nós, Señor, a túa misericordia,
como
de ti o esperamos.
Segunda
Lectura Heb 4, 14-16
Acheguémonos con confianza ao trono dá graza
LECTURA
DA CARTA AOS HEBREOS
Irmáns:
Pois logo, xa que temos un gran
Sumo Sacerdote que xa penetrou no ceo, Xesús, o Fillo de Deus, manteñamos a esperanza
que profesamos.
Pois así é: nós non temos un Sumo
Sacerdote que non se poida compadecer das nosas debilidades, senón un Sumo
Sacerdote probado en todo coma nós, fóra do pecado.
Acheguémonos, con liberdade ó
trono da graza, para conseguirmos misericordia e atoparmos graza para unha
axuda no seu debido tempo.
Palabra
do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Mc 10, 45
Se non cántase, podar omitir
Aleluia, aleluia.
O Fillo do Home viu para servir,
e para dar a súa vida en redención por moitos.
Aleluia.
Evanxeo Mc 10, 35-45 (longa)
O Fillo do Home veu para dar a súa vida en redención
por moitos
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Achegándose os fillos de Zebedeo ‑Santiago
e mais Xoán‑, dixéronlle:
‑Mestre,
nós queriamos que nos fixeses o que che imos pedir.
El
preguntou:
‑¿E
logo, que é o que queredes que vos faga?
Contestáronlle:
‑Concédenos
que na túa gloria sentemos un á túa dereita e outro á túa esquerda.
Respondeulles
Xesús:
‑Vós
non sabedes ben o que pedides. ¿Seredes capaces de beber o cáliz que eu teño
que beber, e recibir o bautismo que eu teño que recibir?
Respondéronlle:
‑Somos.
Xesús
replicou:
‑O
cáliz que teño que beber, si que o beberedes, e tamén recibiredes o bautismo
que eu teño que recibir, pero o sentardes á miña dereita ou á miña esquerda,
iso non depende de min o concedelo, senón que é para os que está reservado.
O
escoitaren isto, os outros anoxáronse con Santiago e con Xoán. Entón Xesús
chamounos e díxolles:
‑Xa
sabedes que os xefes dos pobos os tiranizan e que os poderosos os asoballan. Pero entre vós non pode ser así. Nin moito menos, quen queira ser importante,
que sirva os outros, e quen queira ser o primeiro, que sexa o máis servizal. Que o Fillo do Home non veu a que o sirvan, senón a servir, e a entregar a
súa vida en rescate por todos.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
______________________________________________________________________
Ou: 42-45 (máis breve)
LECTURA DO
SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Entón
Xesús chamounos e díxolles:
‑Xa
sabedes que os xefes dos pobos os tiranizan e que os poderosos os asoballan. Pero entre vós non pode ser así. Nin moito menos, quen queira ser importante,
que sirva os outros, e quen queira ser o primeiro, que sexa o máis servizal. Que o Fillo do Home non veu a que o sirvan, senón a servir, e a entregar a
súa vida en rescate por todos.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
Comentarios
Publicar un comentario