Domingo 30 de Ordinario B
PRIMEIRA
Xer 31, 7-9
Congregarei a cegos e coxos
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XEREMÍAS
7Así
fala o Señor:
‑Aclamade
a Xacob con gritos de alegría,
gritádelle
á primeira das nacións.
Pregoade,
loade, clamade:
"Salva,
Señor, o teu pobo,
salva
o resto de Israel".
8Vede:
vounos traer do país do norte,
vounos
reunir desde os cabos do mundo.
Entre
eles haberá cegos e coxos,
a
que está en cinta xunto coa parida,
volverán
en enorme multitude.
9Velaí,
chegarán chorando;
pero
entre aclamacións de agradecemento,
heinos
conducir, heinos levar ós regueiros de auga
por
un camiño seguro onde non han tropezar.
Si,
volvereime pai de Israel,
e
Efraím será o meu primoxénito.
SALMO
RESPONSORIAL Sal 125, 1-2ab. 2cd-3. 4-5. 6
R/
(3): O Señor fai connosco cousas grandes,
estamos
cheos de alegría.
Cando vire o
Señor a sorte de Sión,
estaremos coma en soños.
2Terémo-la boca chea de risos
e a lingua de cantares.
3Os pagáns dirán
entón:
-"O Señor fai con eles cousas grandes".
O Señor fai connosco cousas grandes,
estamos cheos de alegría.
4Vira, Señor, a nosa sorte,
coma os regatos no deserto.
5Os que entre bágoas sementan,
entre cantares recollen.
6Cando van, van
chorando
os que levan a semente.
O viren, veñen cantando
os que traen os monllos.
SEGUNDA
Heb 5, 1-6
Ti es sacerdote para sempre, á maneira de Melquisedec
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS
1Pois
todo Sumo Sacerdote escóllese sempre entre os homes e se constitúe Sumo
Sacerdote para o ben dos homes nas súas relacións con Deus, a fin de que ofreza
oblacións e sacrificios polos pecados. 2É capaz de tratar con indulxencia os
ignorantes e os descamiñados, porque tamén el está rodeado de fraquezas. 3Por
mor destas fraquezas ten que ofrecer sacrificios polos pecados, tanto polos
pecados do pobo coma polos seus propios pecados. 4Ora, ninguén pode coller en
por si este honor, senón que hai que ser chamado por Deus, como foi chamado
Aharón.
5Do
mesmo xeito, tampouco Cristo non procurou a súa gloria facéndose Sumo
Sacerdote, senón que lla procurou o que lle dixo:
"Ti
es o meu Fillo,
hoxe
xereite Eu".
6Entendido
conforme o que di noutro sitio:
"Ti
es sacerdote para sempre,
á
maneira de Melquisedec".
ALELUIA
Cf. 2 Tim 1, 1O:
O noso Salvador Xesús Cristo destruiu a morte
e alumeou a vida por medio do Evanxeo
EVANXEO
Mc 10, 46-52
Mestre, que vexa!
PROCLAMACIÓN
DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
46E
chegou a Xericó. Cando saía cos seus discípulos e outra moita xente, Bartimeo,
o fillo de Timeo, un cego pobre de pedir, estaba sentado a carón do camiño.
47Oíndo que pasaba Xesús o Nazareno, empezou a berrar:
‑¡Xesús,
Fillo de David, ten piedade de min!
48Moitos
mandábano calar; pero el berraba aínda máis alto:
‑¡Fillo
de David, ten piedade de min!
49Deténdose Xesús, dixo:
‑Dicídelle
que veña aquí.
E
chamaron polo cego, dicíndolle:
‑¡Veña,
érguete, que te chama!
50El,
ceibándose do manto, veu dando brincos ata onde estaba Xesús. 51Este
preguntoulle:
‑¿Que
queres que che faga?
O
cego respondeu:
‑Mestre,
que volva a ver.
52Xesús
díxolle:
‑Ve,
salvoute a túa fe.
E
no instante comezou a ver, e seguiuno polo camiño.
Comentarios
Publicar un comentario