ORACIÓN POLO SÍNODO NA NOSA DIOCESE - 14 de outubro de 2018 (13.00h)

Baseado no traballo da web: 


Monición inicial

Neste outubro de 2018 a Igrexa está a vivir un acontecemento intenso de graza: a XV Asemblea Ordinaria do Sínodo dos Bispos, que se celebrará o día 3 ao 28 en Roma, xunto ao Papa Francisco. Este Sínodo tan esperado leva por título: Os mozos, a fe e o discernimiento vocacional. E foi preparado desde hai varios meses co documento "Instrumentum Laboris", no que se involucrou para
a súa elaboración aos mozos de todo o mundo.

Durante varios meses, mozos crentes e non crentes, de tódolos países do mundo, contestaron unha enquisa sobre a que traballaron as Pastorais Xuvenís de tódalas dioceses, a nosa tamén, e que facían referencia á súa visión do mundo actual e da Igrexa e buscaba, finalmente, saber cales son as necesidades da mocidade do mundo actual e como a Igrexa podía dar resposta ás súas preocupacións.

Constaba de tres partes:
- a primeira da cales era: "Recoñecer: A Igrexa en escoita da realidade". Onde se lles preguntaba sobre a súa realidade.
- a segunda parte do documento, leva por título: "Interpretar: fe e discernimiento vocacional". Onde se falaba das grandes decisións que debe tomar os xoves sobre a súa vida (a súa vocación no traballo, como laico ou relixioso, solteiro ou non...)
- por ultimo a terceira leva por título: "Elixir: Camiños de conversión pastoral e misioneira". Onde a Igrexa buscaba o seu papel para acompañar ou guiar á mocidade no seu camiño.

Coa encosta feita, houbo unha reunión en Roma da xuventude de todos o mundo e, a partires das súas conclusións, os bispos están traballando agora mesmo e nos piden a nosa oración para que o Espírito os guíe cara o bo camiño, adiquemos esta eucaristía aos nosos bispos, os nosos pastores...


Presentación dos dons
Presentámosche Xesús, presente na Eucaristía, as nosas peticións polo Sínodo e polos mozos; responderemos todos dicindo: Señor, envía o teu Espírito Santo.

Primeiro símbolo: o mapa do mundo.
Primeiro Lector: 
Levando xunto ao altar este mapa do mundo, queremos pensar nos mozos do cinco continentes, nos enfermos, nos desorientados, nos máis pobres, nos descartados. Sal a todos ao seu encontro e colma os seus corazóns co teu Espírito Santo. Oremos.
Todos: Señor, envía o teu Espírito Santo.

Segundo símbolo: unha partitura musical.
Segundo Lector: 
Levando xunto ao altar esta partitura lembramos as experiencias dos encontros da mocidade nas Xornadas Mundiais e outros eventos nacionais, rexionais, diocesanos ou parroquiais. Pedímosche, Xesús, que nunca desaproveitemos a graza que nos dás, e que busquemos escoitar a túa Palabra e escoitar aos nosos irmáns.
Oremos.
Todos: Señor, envía o teu Espírito Santo.

Terceiro símbolo: un balón.
Terceiro Lector: 
Levando xunto ao altar este balón de fútbol pensamos na nosa vida cotiá, feita de deporte e estudo, tecida de alegrías e sufrimentos. Pedímosche, Xesús, polos mozos que non teñen traballo e polos que teñen que emigrar. Pedímosche tamén para que a Igrexa se rexuveneza co Sínodo por medio da fraternidade e a autenticidade. 
Oremos. 
Todos: Señor, envía o teu Espírito Santo.


Final da eucaristía
Remaramos a eucaristía rezando xuntos pola mocidade e polos nosos bispos do Sínodo: 

Lembrade que xa tedes recollido aquí 
o documento previo ao Sínodo que traballaron os xoves:

Comentarios

Publicacións populares