GAUDETE ET EXSULTATE (V)
Tradución ao galego: Xosé Manuel Lence García
Dado en Roma, onda San Pedro, o 19 de marzo, Solemnidade de San Xosé, do ano 2018, sexto do meu Pontificado
CAPÍTULO QUINTO
COMBATE, VIXILANCIA E DISCERNIMENTO
158.
A vida critiá é un
combate permanente. Requírense forza e coraxe para resistir as tentacións do
demo e anunciar o Evanxeo. Esta loita é ben fermosa, porque permítenos celebrar
cada vez que o Señor vence na nosa vida.
O combate e a vixilancia
159.
Non se trata só dun
combate contra o mundo e a mentalidade mundana, que nos engana, atóntanos e
vólvenos mediocres descomprometidos e sen gozo. Tampouco queda reducido a unha
loita contra a propia febleza e as propias inclinacións (cadaquén ten a súa:
preguiza, luxuria, envexa, ciumes, e demais). É tamen unha loita constante
contra o demo, que é o príncipe do mal. Xesús mesmo festexa as nosas vitorias.
Alegrábase cando os seus discípulos lograban avanzar no anuncio do Evanxeo,
superando a oposición do Maligno, e celebraba: “Eu
vía a Satanás caer do ceo coma un raio”(Lc 10,18).
Algo mais que un mito
160.
Non aceptaremos a
existencia do demo se teimamos en mirar a vida con criterios empíricos e sen
sentido sobrenatural. Precisamente, a convicción de que este poder maligno está
entre nós é o que nos permite entender por que ás veces o mal ten tanta forza
destrutiva. É certo que os autores bíblicos
tiñan unha bagaxe
conceptual limitado para expresar algunhas realidades, e
que en tempos de Xesús poderíase confundir, por exemplo, unha epilepsia coa posesión diabólica. Porén, iso
non debe levarnos a simplificar tanto a realidade dicindo que todos os casos
narrados nos evanxeos eran doenzas psíquicas e daquela o demo non existe ou non
actúa. A súa presenza está nas primeiras
páxinas das Escrituras, que rematan coa vitoria de Deus sobre o demo120.
De feito, cando Xesús nos deixou o Nosopai quixo que rematáramos pedíndolle ao
Pai que nos libere do Malo. A expresión utilizada alí non se refire ao mal abstrato e a súa tradución mais
precisa é “o Malo”. Indica un ser persoal que nos acosa. Xesús ensinounos a
pedir cada día esa liberación para que o poder do Malo non nos domine.
161.
Daquela non pensemos
que é un mito, unha representación, un símbolo, unha figura ou unha idea. Ese
engano lévanos a baixar os brazos, a descoidarnos e a quedar mais expostos. El
non precisa posuírnos. Envelénanos co odio, coa tristura, coa envexa, cos
vicios. E así, mentres nós baixamos a guarda, el aproveita para destruír a nosa
vida, as nosas familias e as nosas
comunidades, porque “bruando coma un león, anda ao arredor á
procura de quen engulir” (1Pe 5,8).
Espertos e confiados
162. A Palabra de Deus
convídanos claramente a “afrontarmos os asexos
do demo” (Ef 6,11) e a deter “as frechas
incendiarias do maligno” (Ef 6,16). Non son palabras románticas, porque o noso camiño cara a
santidade tamén é unha constante loita. Quen non queira recoñecelo verase
exposto ao fracado
ou á mediocridade.
Para o combate temos as armas poderosas que o Señor
nos da: a fe que se expresa na oración, a meditación da Palabra de Deus, a
celebración da Misa, a adoración eucarística, a reconciliación sacramental, as
obras de caridade, a vida comunitaria, o empeño misioneiro. Se nos descoidamos,
será doado que nos seduzan as falsas promesas do mal, porque, como dicía o
santo cura Bochero: “que importa a
promesa de liberación de Lucifer e que vos ateigue con todos os seus bens, se
son bens enganosos, se son bens envelenados?”122.
163.
neste vieiro, o
desenvolvemento do ben, a maduración espiritual e o crecemento do amor son o
mellor contrapeso ao mal. Ninguén resiste se opta por quedar nun punto morto,
cando se conforma con pouco, se deixa de soñar con ofrecerlle ao Señor unha
entrega mais fermosa. Inda menos se cae nun espírito de derrota, porque “o que comeza sen confiar perdeu antes de empezar a metade da
batalla e enterra os seus talentos. […] O trunfo cristián sempre é unha cruz,
mais unha cruz que é , ao tempo, bandeira de vitoria, que se porta cunha
tenrura combativa fronte aos embates do mal”123.
A corrupción espiritual
164.
O camiño da santidade
é unha fonte de paz e de gozo que nos agasalla o Espírito, pero ao tempo
require que estemos “coas lámpadas acesas”(Lc 12,35) e permanezamos
atentos: “Gardádevos de toda clase de mal”(1Tes 5,22). “Estade en vela” (Mt 24,42; cf. Mc 13,35). “Non nos deamos ao sono”(1Tes 5,6). Porque quen senten que non cometen faltas graves contra a Lei
de Deus, poden descoidarse nun aquel de apampamento ou
adormecemento. Como non
topan algo grave que reprocharse, non se decatan
desa tibieza que aos poucos vaise apoderando da súa vida espiritual e rematan
por desgastarse e corromperse.
165.
A corrupción
espiritual é peor que a caída dun pecador, porque trátase dunha cegueira cómoda
e autosuficiente onde todo remata parecendo lícito: o engano, a calumnia, o
egoísmo e tantos xeitos sutís de autoreferencialidade, xa que “o mesmo Satán disfrázase de anxo de luz” (2Cor 11,14).
Así rematou Salomón os seus días, mentres o gran pecador David soubo remontar a
súa miseria. Nun relato, Xesús advertiunos sobre esa tentación anganosa que nos
vai deslizando cara a corrupción: menciona a unha persoa liberada do demo que,
pensando que a súa vida xa estaba limpa, rematou posuída por outros sete
espíritos malignos (cf Lc 11,24-26). Outro texto bíblico utiliza unha imaxe forte: “o can que
vomitou, o vómito papou” (2Pe 2,22;
cf.Pr 26,11)
166. Como saber se algo ven do Espírito Santo ou se a súa orixe está no espírito do mundo ou no espírito do demo? A única forma é o discernimento, que non supón somentes unha boa capacidade de razoar ou un sentido común, tamén é un don que hai que pedir. Se o pedimos confiadamente ao Espírito Santo, e ao tempo procuramos desenvolvelo coa oración, a reflexión, a lectura e o bo consello, seguramente poderemos crecer nesa capacidade espiritual.
167. Hoxendía o hábito do discernimento volveuse particularmente necesario. Porque a vida actual ofrece enormes posiblidades de acción e distracción, e o mundo as presenta como se foran válidas e boas. Todos, pero especialmente os xoves, están expostos a un zapping constante. É posíbel navegar en dúas ou tres pantallas simultaneamente e interactuar ao mesmo tempo en diferentes escenarios virtuais. Sen a sabedoría do discernimento podemos converternos fácilmente en títeres ao abeiro das tendencias do momento.
O discernimento
166. Como saber se algo ven do Espírito Santo ou se a súa orixe está no espírito do mundo ou no espírito do demo? A única forma é o discernimento, que non supón somentes unha boa capacidade de razoar ou un sentido común, tamén é un don que hai que pedir. Se o pedimos confiadamente ao Espírito Santo, e ao tempo procuramos desenvolvelo coa oración, a reflexión, a lectura e o bo consello, seguramente poderemos crecer nesa capacidade espiritual.
Unha necesidade imperiosa
167. Hoxendía o hábito do discernimento volveuse particularmente necesario. Porque a vida actual ofrece enormes posiblidades de acción e distracción, e o mundo as presenta como se foran válidas e boas. Todos, pero especialmente os xoves, están expostos a un zapping constante. É posíbel navegar en dúas ou tres pantallas simultaneamente e interactuar ao mesmo tempo en diferentes escenarios virtuais. Sen a sabedoría do discernimento podemos converternos fácilmente en títeres ao abeiro das tendencias do momento.
168.
Isto resulta
especialmente importante cando aparece na propia vida unha novidade, e daquela
hai que discernir se o viño novo que ven de Deus ou é unha novidade enganosa do
espírito do mundo ou do espírito do diaño. Noutras ocasións sucede o contrario,
porque as forzas do mal indúcennos a non cambiar, a deixar as cousas como
están, a optar polo inmovilismo ou o rigorismo. Daquela impedimos que actúe o
soplo do Espírito. Somos libres coa liberdade de Xesucristo, pero el chámanos a
examinar o que hai dentro de nós – desexos, angurias, medos, búsquedas- e o que sucede fora de nós –os “sinais dos
tempos”- para recoñecer os camiños da plena liberdade: “examinádeo
todo; quedádevos co bó” (1Tes 5,21).
Sempre á luz do Señor
169.
O discernimento non
só é necesario en momentos extraordinarios, ou cando hai que resolver problemas
graves, ou cando hai que tomar unha decisión crucial. É unha ferramenta
de loita para
mellor seguir ao Señor.
Fainos falla sempre, para estar dispostos a recoñecer os tempos de Deus e da súa graza, para non estragar as inspiracións do Señor, para non deixar pasar o seu convite a crecer. Moitas veces isto xógase no pequeño, no que semella irrelevante, porque a grandeza móstrase no simple e no cotiá124. Trátase de non ter límites para o grande, para o mellor e mais fermoso, pero, ao tempo, concentrados no pequeño, na entrega de hoxe. Porén, pido a todos os cristiáns que non deixen de facer cada día, en diálogo co Señor que nos ama, un sincero “exame de conciencia”. Ao tempo, o discernimento lévanos a recoñecer os medios concretos que o Señor predispón no seu misterioso plan de amor, para que non quedemos só nas boas intencións.
Fainos falla sempre, para estar dispostos a recoñecer os tempos de Deus e da súa graza, para non estragar as inspiracións do Señor, para non deixar pasar o seu convite a crecer. Moitas veces isto xógase no pequeño, no que semella irrelevante, porque a grandeza móstrase no simple e no cotiá124. Trátase de non ter límites para o grande, para o mellor e mais fermoso, pero, ao tempo, concentrados no pequeño, na entrega de hoxe. Porén, pido a todos os cristiáns que non deixen de facer cada día, en diálogo co Señor que nos ama, un sincero “exame de conciencia”. Ao tempo, o discernimento lévanos a recoñecer os medios concretos que o Señor predispón no seu misterioso plan de amor, para que non quedemos só nas boas intencións.
Un don sobrenatural
170. É verdade que o
discernimento espritual non exclúe as aportacións das sabedorías humanas,
existenciais, psicolóxicas, sociolóxicas ou morais. Pero as trascende. Nen tan
sequera lle abondan as sabias normas da Igrexa. Lembremos sempre que o
discernimento é unha graza. Aínda que inclúa a razón e a prudencia, supéraas,
porque trátase de albiscar o misterio do proxecto único e irrepetible que Deus
ten para cadaquén e que se realiza no medio dos mais variados contextos e
límites. Non está en xogo só un benestar temporal, nin a satisfación de facer
algo útil, nin sequera o desexo de ter a conciencia tranquila. Está en xogo o sentido da miña
vida ante o Pai que me coñece e me ama, o verdadeiro para que da miña
existencia que ninguén coñece mellor que el. O discernimento, en definitiva, conduce
á fonte mesma da vida que non morre, quérese dicir, coñecer ao Pai, o único
Deus verdadeiro, e ao que enviu: Xesucristo (cf.Xn
17,3). Non precisa capacidades especiais nin
está reservado aos mais intelixentes e instruídos, pois o Pai móstrase con gusto
aos humildes (cf.Mt 11,25).
171.
Aínda que o Señor nos
fala de xeitos moi variados no medio do noso traballo, a traverso dos demais, e
en todo momento, non é posíbel prescindir do silencio da oración pousada para
percibir mellor, para calmar as ansiedades e recompoñer o conxunto da propia
existencia á luz de Deus. Así poderemos deixar nacer esa nova síntese que
xermola da vida iluminada polo Espírito.
Fala, Señor
172.
Con todo, podería
ocurrir que na mesma oración refuguemos deixarnos confrontar pola liberdade do
Espírito, que actúa como quere. Hai que lembrar que o discernimento orante
require partir dunha disposición a escoitar: ao Señor, aos demais, á propia
realidade que nos desafía sempre de xeitos novos. Só quen sexa quen de escoitar
ten a liberdade para renunciar ao propio punto de vista parcial ou
insuficiente, aos seus costumes, aos seus esquemas. Así estará realmente
dispoñíbel para acoller a chamada que racha as súas seguridades pero que o leva
a unha vida mellor, pois non abonda con que todo vaia ben, que todo esté quedo.
Deus pode estar ofrecendo algo mais, e na nosa distracción cómoda non o recoñecemos.
173.
Tal actitude de
escoita implica , por certo, obediencia ao Evanxeo como último criterio, pero
tamén ao Maxisterio que o custodia, intentando atopar no tesouro da Igrexa o
que sexa mais fecundo para o hoxe da salvación. Non se trata de aplicar receitas
ou de repetir o pasado,
xa que as mesmas solucións non son válidas en
toda circunstancia e o que era útil nun contexto pode non selo noutro. O discernimento
de espíritos libéranos do rigorismo, que non ten sitio ante o perenne hoxe do
Resucutado. Só o Espírito sabe penetrar nos pregos mais escuros da realidade e
ter en conta todos os seus matices, para que emerxa con outra luz a novidade do Evanxeo.
A lóxica do don e da cruz
174.
Unha condición
esencial para o progreso no discernimento é educarse na paciencia de Deus e nos
seus tempos, que non son os nosos. El non fai caer lume sobre os infieis (cf. Lc 9,54), ni permite aos
celosos “arrincar o xoio”
que crece canda o trigo (cf. Mt 13,29). Tamén require xenerosidade, porque “hai
mais alegría en dar que en recibir” (Feit 20,35). Non se discerne
para descubrir que mais podemos sacar a esta vida, senón para recoñecer como
podemos cumprir mellor esa misión que se nos confiou no Bautismo, e iso implica
estar dispostos a renuncias ata dalo
todo. Porque a felicidade é paradóxica e agasállanos as mellores experiencias
cando aceptamos a lóxica misteriosa que non é de este mundo, como dicía san
Boaventura referíndose á cruz: “esta é a nosa lóxica”125.
Se un asume esta dinámica, entón non deixa anestesiar a súa conciencia e ábrese
xenerosamente ao discernimento.
175. Cando escrutamos ante Deus os camiños da vida, non hai espazos que queden excluídos. Podemos seguir crecendo e entregarlle algo mais a Deus en todos os aspectos da existencia, mesmo en aqueles onde experimentamos os atrancos mais fortes. Pero compre pedirlle ao Espírito Santo que nos libere e que escorrente ese medo que nos leva a vedarlle a súa entrada nalgúns aspectos da propia vida. Deus, que o pide todo, tamén o da todo, e non quere entrar en nós para mutilar ou debilitar senón para plenificar. Isto fainos ver que o discernimento non é unha autonálise ensimismada, unha introspección egoista, senón unha verdadeira saída de noso cara o misterio de Deus, que nos axuda a vivir a misión á que nos chamou para o ben dos irmáns.
176.
Quero que María coroe
estas reflexións, porque ela vivíu como ninguén as benaventuranzas de Xesús.
Ela é a que se estremecía de gozo na presenza de Deus, a que conservaba todo no
seu corazón e se deixou traspasar pola espada. É a santa entre os santos, a
mais bendita, a que nos ensina o camiño da santidade e nos acompaña. Ela non
acepta que quedemos caídos e ás veces lévanos no seu colo sen xulgarnos.
Conversar con ela consólanos, libéranos e santifícanos. A Nai non precisa de
moitas palabras, non lle fai falla que nos esforcemos demasiado para
explicarlle o que nos pasa. Abonda musitar unha e outra vez: “Ave, María,…”
175. Cando escrutamos ante Deus os camiños da vida, non hai espazos que queden excluídos. Podemos seguir crecendo e entregarlle algo mais a Deus en todos os aspectos da existencia, mesmo en aqueles onde experimentamos os atrancos mais fortes. Pero compre pedirlle ao Espírito Santo que nos libere e que escorrente ese medo que nos leva a vedarlle a súa entrada nalgúns aspectos da propia vida. Deus, que o pide todo, tamén o da todo, e non quere entrar en nós para mutilar ou debilitar senón para plenificar. Isto fainos ver que o discernimento non é unha autonálise ensimismada, unha introspección egoista, senón unha verdadeira saída de noso cara o misterio de Deus, que nos axuda a vivir a misión á que nos chamou para o ben dos irmáns.
***
177.
Agardo que estas páxinas
sexan útiles para que toda a Igrexa se dedique a promover o desexo da
santidade. Pidamos que o Espírito Santo infunda en nós un intenso anceio de ser
santos para a maior gloria de Deus e alentémonos uns aos outros neste intento.
Así compartiremos unha felicidade que o mundo non nos poderá quitar.
Dado en Roma, onda San Pedro, o 19 de marzo, Solemnidade de San Xosé, do ano 2018, sexto do meu Pontificado
120
|
Cf
homilia na Misa da Casa Santa Marta (11.10.13)
|
121
|
Cf
Beato Paulo VI Catequeses (15.11.72) “unha das meirandes necesidades é a
defensa daquel mal que chamamos Demo […] o mal non é somentes unha
deficiencia, senón unha eficiencia, un ser vivo, espiritual, pervertido e
pervertidor. Terrible realidade. Misteriosa e pavorosa. Sáese do cadro do
ensino bíblico e eclesiástico quen se nega a recoñecer a súa existencia; ou
ben quen fai dela un principio que existe por si e que non ten, como calquera
outra creatura, a súa orixe en Deus; ou ben a explica como unha pseudorealidade,
unha personificación conceptual e fantástica das causas descoñecidas das nosas
desgrazas”
|
122
|
San Xosé Gabriel do Rosario
Brochero. Plática das bandeiras, en conferencia
Episcopal Arxentina. O cura
Brochero, cartas e sermóns. Bos Aires, 1999, 71
|
123
|
Exh Ap Evangelii gaudium (24.11.13),
85
|
124
|
Na campa de san Ignacio de Loiola
atópase este sabio epitafio:”non coerceri a maximo, contineri tamen a minimo
divinum est” ( é divino non asustarse polas cousas grandes e ao tempo estar
atento ao mais pequeño)
|
125
|
Colacións sobre o Hexaemeron,
1, 30
|
Comentarios
Publicar un comentario