GAUDETE ET EXSULTATE (III)
Tradución ao galego: Xosé Manuel Lence García
CAPÍTULO TERCEIRO
Á LUZ DO MESTRE
63.
Pode haber moitas
teorías sobre o que a santidade é, abondosas explicacións e distincións. Esa reflexión
podería ser útil, pero nada hai mais luminoso que voltar ás palabras de Xesús e
recoller o seu xeito de transmitir a verdade. Xesús explicou con toda sinxeleza
en que consiste ser santos, e foi cando nos deixou as benaventuranzas (cf. Mt 5,3- 12; Lc 6,20-23).
Son coma o cané de identidade cristián. Así, se algún de nós se plantexa a
pregunta: “como teño que facer para
chegar a ser un bó cristián?”, a resposta é sinxela: cumpre facer, cadaquén
ao seu xeito, o que di Xesús no sermón das benaventuranzas66. Nelas
debúxase o rostro do Mestre, que estamos chamados a transparentar na vida
cotiá.
64.
A palabra “feliz” ou “benaventurado”, pasa por ser sinónimo de “santo”, porque expresa
que a persoa que é fiel a Deus e vive a súa Palabra acada, na entrega de sí, a
verdadeira dita.
A contracorrente
65.
Aínda que as palabras
de Xesús poden semellar poéticas, con todo van moi a contracorrente con
respecto ao que é costume, ao que se fai na sociedade; e, mesmo que esta
mensaxe de Xesús nos cativa, en realidade o mundo lévanos a outro estilo de
vida. As benaventuranzas de ningún xeito son algo lixeiro ou superficial;pola
contra, de feito só podemos vivilas se o Espírito nos envolve con toda a súa
potencia e nos libera da debilidade do egoismo, da comodidade, do orgullo.
66.
Voltemos a escoitar a
Xesús, con todo o amor e respecto que merece o Mestre. Deixémoslle que nos
zoupe coas súas palabras, que nos desafíe, que nos interpele a un cambio real
de vida. Doutro xeito, a santidade será só palabras. Lembramos agora as distintas
benaventuranza na versión do evanxeo de Mateo (cf.
Mt 5,3-12).
“Felices
os pobres no espírito,
porque deles é o reino dos ceos”
67.
O Evanxeo convídanos
a recoñecer a verdade no noso corazón, para ver onde poñemos a seguridade na
nosa vida. Normalmente o rico séntese mais seguro coas súas riquezas, e pensa
que cando están en risco, esborrállase
toda a súa razón de vivir. O mesmo Xesús nolo di na parábola do rico insensato,
aquel tan cheo de seguridade que, na súa necedade non contemplaba que podería
morrer ese mesmo día (cf. Lc
12,16-21).
68.
As riquezas non che
aseguran nada. Inda mais: cando o corazón se topa rico, está tan cheo de seu
que non ten espazo para a Palabra de Deus , para amar ao próximo nin para gozar
das mais grandes cousas da vida. Daquela prívase dos meirandes bens. Por iso
Xesús chama felices aos pobres de espírito,aos que teñen o corazón pobre e
permiten ao Señor entrar nel coa súa constante
novidade.
69.
Esta pobreza de
espírito está moi relacionada con aquela “santa
indiferenza” que propuña Ignacio de Loiola, coa que acadamos unha fermosa
liberdade interior: “cumpre facernos indiferentes a todas as
cousas criadas, en todo o que se ofrece á liberdade do noso libre albedrío, e
non lle está prohibido; de tal xeito que non
prefiramos saúde a enfermidade, riqueza a
pobreza, honra a deshonra, vida longa a curta, e así en todo o demáis”68.
70.
Lucas non fala dunha
pobreza “de espírito” senón de ser “pobres” a secas (cf 6,20) e dese xeito
nos convida a unha existencia austera e desprendida. Así convócanos a compartir
a vida cos mais necesitados, a vida que levaron os Apóstolos, e no remate a
configurarnos con Xesús, que “sendo rico fíxose
pobre” (2Cor 8,9).
Ser pobre no corazón,
isto é santidade
“Felices
os mansos
porque herdarán a terra”
71.
É esta unha expresión
forte, nun mundo que dende o inicio é un lugar de inimizade, onde se rifa por
todas partes, onde por todos lados hai odio, onde constantemente clasificamos aos demais polas
súas ideas, polos seus costumes e mesmo polo se xeito de falar ou vestir. É, no
remate, o reino do orgullo e da vaidade, onde cadaquén crese co dereito de
erguerse por riba do outro. Porén, mesmo que pareza imposíbel, Xesús propón
outro estilo: a mansedume. É o que El practicaba cos propios discípulos e o que contemplamos na súa entrada en
Xerusalén: ”Mira ao teu rei, que ven a ti, humilde,
montado nunha asna” (Mt21,5; cf.Za 9,8).
72. Dixo El: “ Aprendede de min, que
son manso e humilde de corazón, e atoparedes acougo para as vosas almas” (Mt11,29).
Vivindo en tensión, asoberbiados fronte aos demais, rematamos cansos e
esgotados. Pero ao mirarmos os seus límites
e defectos con tenrura e mansedume, sen sentirnos mais ca eles, podemos
darlles a man e evitamos desgastar enerxías en laios inútiles. Para santa
Teresa de Lisieux “a caridade
perfecta consiste en aturar os defectos dos demais, en non escandalizarse das
súas debilidades”69.
73.
Paulo cita a
mansedume como froito do Espírito Santo (cf. Gál 5,23). Propón que, se algunha vez nos preocupan as obras malas do
irmán, nos acheguemos a corrixilo, pero “con espírito
de mansedume” (Gál 6,1), e lembra: “Pensa que tamén ti
podes ser tentado” (ibíd.). Mesmo cando un defenda a súa fe e as súas conviccións debe
facelo con mansedume (cf. 1Pe 3,16),
e ata os adversarios deben ser tratados con mansedume (cf.2Tim
2,25). Moitas veces nos temos trabucado na Igrexa ao
non ter acollido esa demanda da divina Palabra.
74. A mansedume é outra expresión da pobreza interior, de quen pousa a súa confianza só en Deus. De
feito, na Biblia adóitase usar a mesma palabra anawin para referirse aos pobres e aos mansos. Alguén podería
obxectar: “Se eu son manso,
pensarán que son un necio, que son tonto ou débil”. Tal vez poidan os
demais pensar iso, deixemos que o pensen. Mellor é ser sempre mansos, e que se
cumpran as nosas mais grandes arelas: os mansos “posuirán
a terra”, quérese dicir, verán cumpridas nas súas
vidas as promesas de Deus. Porque os mansos, alén das circunstancias, esperan
no Señor, e os que esperan no Señor, posuirán a terra e gozarán de inmensa paz (cf. Sal 37,9-11). Ao tempo, o Señor
confía neles: “pero hei ollar por este, polo pobre,
polo abatido de espírito e que treme ante as miñas palabras"” (Is 66,2).
Reaccionar con humilde mansedume, isto é santidade.
"Felices os que choran
porque eles
serán consolados"
75.
o mundo proponnos o
contrario: o entretemento, o goce, a distracción, a diversión, e dinos que iso
é o que fai boa a vida. O mundano ignora, mira cara outro lado, cando hai
problemas de enfermidade ou de dor nas familias ou nos seus arredores. O mundo
négase a chorar: prefire ignorar as situacións de dor, cubrilas, agochalas.
Gástanse moitas enerxías por fuxir das circunstancias onde se fai presente o
sufrimento, crendo que é posíbel disimular a realidade onde nunca, nunca,
poderá faltar a cruz.
76. A persoa que ten unha ollada
auténtica, que se deixa traspasar pola dor e chora no seu corazón, é quen de
palpar as fonduras da vida e de ser auténticamente feliz70.
Esa persoa será consolada, pero co consolo de Xesús e non co do mundo. Dese
xeito pode ousar compartir o sufrimento alleo e deixa de fuxir ante as
situacións de dor. Así atopa que a vida ten senso socorrendo ao outro na súa
dor, comprendendo a anguria allea, aliviando aos demáis. Esa persoa percibe ao
outro como carne da súa carne, non teme achegarse ao outro e tocar a súa
ferida, compadécese ata experimentar que as distanzas desaparecen. Así é como é
posíbel acoller aquela exhortación de san Paulo: “Chorade cos que choran” (Ro 12, 15).
Saber chorar cos demáis, isto é santidade
"Felices
os que teñen fame e sede de xustiza,
porque eles ficarán fartos"
77.
“Fame e sede” son
experiencias moi intensas, porque responden a necesidades primarias e teñen que
ver co instinto de supervivencia. Hai quen con esa intensidade arelan a xustiza
e a buscan con forte desexo. Xesús di que ficarán fartos, xa que tarde ou cedo
a xustiza chega, e nós podemos colaborar para que sexa posíbel, aínda que nin
sempre vexamos os resultados dese esforzo.
78.
Pero a xustiza que
propón Xesús non é como a que busca o mundo, tantas veces lixadas por intereses
mesquiños, manipulada para un lado ou outro. A realidade amósanos o doado que é
entrar nas cuadrillas da corrupción, facer parte desa política cotiá de “dou para recibir”, onde todo é negocio.
E canta xente padece pola inxustiza, cantos quedan fitando impotentes como os demais se turnan para repartirse a
tarta da vida. Algúns renuncian a loitar pola verdadeira xustiza, e optan por subir ao carro do gañador. Isto non ten
que ver coa fame e sede de xustiza que Xesús
gaba.
79.-
Tal xustiza comeza por facerse
realidade na vida de cadaquén sendo xusto nas propias decisións, e logo
exprésase na procura da xustiza para os pobres e febles. É certo que a palabra
“xustiza” pode ser sinónimo de
fidelidade á vontade de Deus con toda a nosa vida, pero se lle damos un senso
moi amplo esquecemos que se manifesta especialmente na xustiza cos
desamparados: “Buscade a xustiza,
socorrede ao asoballado, amparade o dereito do orfo, defendede as viúvas” (Is 1, 17).
Buscade a xustiza con fame e sede, isto é santidade
“Felices os misericordiosos,
porque
eles acadarán misericordia”
80. A misericordia ten dúas faces: é dar, axudar e servir aos
outros, e tamén perdoar e comprender. Mateo resúmeo nunha regra de ouro: “todo o que queirades que a xente vos faga, facédeo vós con eles” (7,12).
O Catecismo lémbranos que esa lei débese aplicar “en todos os casos”71, de xeito
especial cando alguén “en ocasións vese enfrontado con
situacións que fan o xuizo moral mais inseguro, e a decisión difícil”72.
81.
Dar e perdoar é tentar
reproducir na nosa vida un pequeno reflexo da perfeción de Deus, que da e
perdoa desbordando toda medida. É por iso que no Evanxeo de Lucas xa non
escoitamos o “sede perfectos”
(Mt5,48) senón “sede misericordiosos como o voso Pai é misericordioso; non
xulguedes e non seredes xulgados; non condenedes e non seredes condenados; dade
e darásevos” (6,36-38). E de seguido Lucas engade algo que non deberiamos ignorar: “coa medida que midades hanvos medir a vós”(6,38). A medida que usemos para comprender e perdoar é a que se nos
vai aplicar a nós para perdoarnos. A medida que apliquemos para dar, hásenos
aplicar no ceo para recompensarnos. Non nos convén esquecelo.
82. Xesús non di: “felices os
que planean vinganza”, senón que chama felices a aqueles que perdoan e o
fan “setenta veces sete”
(Mt 18,22).
Cumpre pensar que todos nós somos un exército de perdoados. Todos temos sido
ollados con divina compaixón. Se nos achegamos sinceramente ao Señor e afinamos
o oído, posiblemente escoitaremos algunhas veces este reproche: “non debías ti tamén ter compaixón do teu compañeiro como eu
tiven compaixón de ti?” (Mt 18, 33)
Mirar e actuar con
misericordia, isto é santidade
“Felices
os de corazón limpo,
porque eles verán a Deus”
83.
Esta benaventuranza
refírese aos que teñen un corazón sinxelo, puro, sen lixo, porque un corazón
que sabe amar non deixa entrar na súa vida algo que agreda a ese amor, algo que
o debilite ou o poña en risco. Na Biblia, o corazón son as nosas intencións
verdadeiras, o que realmente buscamos e arelamos, mais alá do que aparentamos: “o
home mira as aparencias, mais o Señor mira o
corazón” (1S 16,7). El busca falarnos no corazón (cf.Os
2,16) e alí desexa escribir a súa Lei (cf Xer 31,33). En definitiva,
quere darnos un corazón novo (cf. Ez36,26).
84.
O que mais debemos
coidar é o corazón (cf.Prov 4,23).
Nada lixado pola falsidade ten un valor real para o Señor. El “fuxe da falsidade, e afástase dos pensamentos baleiros” (Sb 1,5).
O Pai, que “ve no segredo”
(Mt 6,6), recoñece o
que non é limpo, quérese dicir, o que non é sincero, senón só casca e
aparencia, e tamén o Fillo sabe “o que hai dentro de
cadaquén” (Xn 2,25).
85. É certo que non hai amor sen obras de amor, pero esta
benaventuranza lémbranos que o Señor espera unha entrega ao irmán que agrome no
corazón, xa que “se repartira
todos os meus bens entre os pobres, se dera o meu corpo ao lume, pero non tiver
amor, de nada me serviría” (1Cor 13,3). No Evanxeo de Mateo
vemos tamén que o que ven de dentro do corazón é o que
lixa ao home (cf. 15,18), porque de alí veñen os asasinatos, o roubo, os falsos
testemuños, e as demais cousas (cf. 15,19). Nas intencións do corazón nacen os desexos e as
decisións mais fondas que nos moven realmente.
86. Cando o corazón ama a Deus e ao próximo (cf.
Mt 22,36-40), cando esa é a súa auténtica intención
e non palabras baleiras, daquela ese corazón é puro e pode ver a Deus. San
Paulo, no medio do seu himno á caridade, lembra que “agora
vemos coma nun espello, confusamente” (1Cor 13,12), pero na medida que
reine o verdadeiro amor, voltámonos quen de ver “cara
a cara” (ibíd.). Xesús promete que os de corazón puro “verán
a Deus”.
Manter o corazón limpo de todo o que mancha o
amor, isto é santidade
“Felices
os que trabalan pola paz,
porque eles serán chamados fillos de Deus”
87.
Esta benaventuranza
fainos pensar nas numerosas situacións de guerra que se repiten. Para nós é moi
común ser axentes de enfrontamento ou canda menos de malentendidos. Por
exemplo, cando escoito algo de alguén e vou onda outro e dígollo; e mesmo fago
unha segunda versión un chisco mais ampla e a esparexo. E se consigo facer un
dano mais grande , mesmo parece que me provoca unha meirande satisfacción. O
mundo dos dixomedíxomes, construído por xentes que se adican a criticar e
destruír, non constrúe a paz. Esa é xente mais ben inimiga da paz e de ningun
xeito benaventurada73.
88.
Os pacíficos son
fonte de paz, constrúen paz e amizade social. A eses que se ocupan de sementar
paz en todas partes, Xesús failles unha fermosa promesa: “serán
chamados fillos de Deus” (Mt 5,9). El pedíalles aos discípulos que, cando chegaran a un fogar,
dixeran: “Paz a esta
casa”(Lc 10,5). A Palabra de Deus exhorta a cada crente para que busque a paz
canda os demáis (cf. 2 Tim 2,22),
porque “o froito da xustiza seméntase na paz para os
que traballan pola paz” (St 3,18). E se nalgunha ocasión temos na comunidade dúbidas sobor do que
hai que facer, “procuremos o que favorece a paz” (Rm 14,19) porque
a unidade é superior ao conflito74.
89.
Non é doado construir
esta paz evanxélica que non exclúe a ninguén senón que integra tamén aos que
son algo extraños, ás persoas difíciles e complicadas, aos que reclaman
atención, aos que son diferentes, aos que foron moi golpeados pola vida, aos
que teñen outros intereses. É duro e demanda unha gran amplitude de mente e de
corazón, xa que non se trata dun “consenso de
escritorio ou unha efímera paz para unha minoría feliz”75, nin dun
proxecto “duns poucos para uns poucos”76.
Tampouco pretende ignorar ou disimular os conflitos, senón “aceptar sufrir o conflito, resolvelo e trasformalo no elo de
ligazón dun novo proceso”77. Trátase de
ser artesáns da paz, porque construír a paz é unha arte que demanda serenidade,
creatividade, sensibilidade e maña.
Sementar a paz ao noso arredor, isto é santidade
“Felices
os perseguidos por causa da xustiza,
porque deles é o reino dos ceos”
90. Xesús mesmo suliña que este camiño vai contracorrente ata o
punto de convertirnos en seres que, coa súa vida, poñen en cuestión á
sociedade, persoas que amolan. Xesús lembra canta xente é e foi perseguida pola
sinxela razón de ter loitado pola xustiza, por ter vivido os seus compromisos
con Deus e cos demais. Se non queremos mergullarnos nunha escura mediocridade
non pretendamos unha vida cómoda, porque “quen
queira salvar a súa vida perderaa” (Mt 16,25).
91.
Para vivirmos o
Evanxeo non se pode agardar a que todo ao noso arredor sexa favorábel, porque
moitas veces as ambicións do poder e os intereses mundanos xogan na nosa
contra. San Xoán Paulo II dicía que “está alienada
unha sociedade que, nas súas formas de organización social, de producción e de
consumo, fai mais difícil a realización desta donación [de si] e a formación de esa sociedade interhumana”78.
Nunha sociedade así, alienada, atrapada nunha trama política, mediática,
económica, cultural e mesmo relixiosa que impide un auténtico desenvolvemento
humano e social, vólvese difícil vivir as benaventuranza, chegando mesmo a ser
algo mail visto, sospeitado, ridiculizado.
92. A cruz, sobre todo os cansazos e as dores que aturamos por vivir
o mandamento do amor e o camiño da xustiza, é fonte de madureza e de
santificación. Lembremos que cando o Novo Testamento fala dos sufrimentos que
hai que soportar polo Evanxeo, refírese precisamente ás persecucións (cf. Feit
5,41;Flp 1,29; Col 1,24; 2Tim 1,12; 1Pe 2,20; 4,14-16;Ap 2,10).
93. Pero falamos das persecucións inevitábeis, non das que podemos
ocasionarnos nós mesmos cun xeito trabucado de tratar aos demáis. Un santo non
é alguén raro, afastado, que se vira insoportábel na súa vaidade, na súa
negatividade e nos seus resentimentos. Non eran así os Apóstolos de Cristo. O
libro dos Feitos insistentemente conta que eles gozaban da simpatía “de todo o pobo” (2,47; cf. 4,21.33; 5,13) mentres
algunhas autoridades os acosaban e perseguían (cf.
4,1-3; 5,17-18).
94.
As persecucións non
son unha realidade do pasado, porque hoxe tamén as sufrimos, sexa de maneira
cruenta, como tantos mártires contemporáneos, ou dun xeito mais sutil, a
traverso de calumnias e falsidades. Xesús di que haberá felicidade cando “vos calumnien de calquera xeito pola miña causa” (Mt 5,11).
Outras veces trátase de burlas que tentan desfigurar a nosa fe e facernos pasar
por seres ridículos.
Aceptar cada día o camiño do Evanxeo
aínda que nos traia problemas, isto é a santidade.
O gran protocolo
95.
No capítulo 25 do
Evanxeo de Mateo (vv. 31-46) Xesús
volta a deterse nunha desta benaventuranzas, a que declara felices aos
misericordiosos. Se procuramos esa santidade que agrada aos ollos de Deus,
neste texto topamos precisamente un protocolo sobre o que seremos xulgados: “Porque tiven fame
e déstesme de
comer, tiven sede e déstesme de beber, fun forasteiro e
hospedástesme, estiven espido e vestístesme, doente e visitástesme, no cárcere
e viñéstesme ver” (25, 35-36)
Por fidelidade ao Mestre
96.
Porén, ser santos non
significa branquexar os ollos nun suposto éxtase. Dicía san Xoán Paulo II que “se en verdade temos partido da contemplación de Cristo, temos
que sabelo descubrir sobre todo no rostro daqueles cos que el mesmo quixo
identificarse”79. O texto de Mateo 25,35-36 “
non é un simple convite á caridade: é unha páxina de cristoloxía, que ilumina o
misterio de Cristo”80. Neste convite a recoñecelo nos pobres e sufrintes móstrase o
mesmo corazón de Cristo, os seus sentimentos e opcións mais fondas, coas que
todo santo tenta configurarse.
97.
Ante a contundencia
destas demandas de Xesús é o meu deber rogar aos cristiáns que o acepten e
reciban con sincera apertura, “sine
glossa”, quérese dicir, sen comentario, sen elucubracións e excusas que lle
quiten forza. O Señor deixounos ben claro que a santidade non pode entenderse
nin vivirse á marxe destas esixencias súas, porque a misericordia é “o corazón latexante do Evanxeo”81.
98.
Cando atopo a unha
persoa durmindo á intemperie, nunha noite fría, podo sentir que ese vulto é un
imprevisto que me interrumpe, un delincuente ocioso, un atranco no meu camiño,
un aguillón molesto para a miña conciencia, un problema que deben resolver os
políticos e, quizáis un lixo que luxa o espazo público. Ou podo reaccionar
dende a fe e a caridade, e recoñecer nel a un ser humano coa mesma dignidade, a unha creatura
infinitamente amada polo Pai, a unha imaxe de Deus, a un irmán
redimido por Xesucristo. Isto é ser cristiáns! Ou seica pode entenderse a
santidade á marxe dese recoñecemento vivo da dignidade de todo ser humano?82.
99.
Isto implica para os
cristiáns unha sa e permanente insatisfacción. Aínda que aliviar a unha soa
persoa xustificaría de seu todos os nosos esforzos, iso non nos basta. Os
Bispos de Canadá expresánonno claramente amosando que, nas ensinanzas bíblicas
sobre o Xubileo, por exemplo, non se trata só de realizar algunhas boas obras
senón de buscar un cambio social: “para que as xeracións
posteriores tamén foran liberadas, o obxectivo claramente tería de ser a
restauración de sistemas sociais e económicos xustos para que non puidera haber exclusión”83.
As ideoloxías que mutilan o corazón
do Evanxeo
100.
Lamento que en
ocasións as ideoloxías nos leven a erros nocivos. Dun lado, o dos cristiáns que
separan estas esixencias do Evanxeo da súa relación persoal co Señor, da unión
interior con el, da graza. Así convírtese o cristianismo nunha especie de ONG,
quitándolle esa mística luminosa que con tanto acerto viviron e manifestaron sa
Francisco de Asís, san Vicente de Paul, santa Teresa de Calcuta e moitos mais. A estes grandes santos nin a oración,
nin o amor de Deus nin a lectura da Palabra do Evanxeo foron ocasión de ver
minguada a paixón ou a eficacia da súa entrega ao próximo, senón todo o contrario.
101.
É tamén nocivo e
ideolóxico o erro de quen viven sospeitando do compromiso social dos demais,
téndoo por algo superficial, mundano,
secularista, imanentista, comunista, populista. Ou o
relativizan todo como se non houbera cousas mais importantes ou como se só
interesara unha determinada ética ou unha razón que eles defenden. A defensa do
inocente que non naceu, por exemplo, debe ser clara, firme e apaixoada, porque
nela poñemos en xogo a dignidade da vida humana, sempre sagrada, e así o esixe
o amor a cada persoa alén do seu desenvolvemento. Pero igualmente sagrada é a
vida dos pobres que xa naceron, que viven na miseria, no abandono, a
postergación, a trata de persoas, a eutanasia agochada nos enfermos e anciáns
privados de atención, as novas formas de escravitude, e en todo xeito de
descarte84. Non podemos plantexarnos un ideal de santidade que
ignore a inxustiza deste mundo, onde uns festexan, gastan alegremente e reducen
a súa vida ás novidades do consumo, ao tempo que outros só miran dende fora
mentres a súa vida pasa e remata na miseria.
102.
Adoita escoitarse
que, fronte ao relativismo e aos límites do mundo actual, sería un asunto
menor, por exemplo, a situación dos migrantes. Algúns católicos afirman que é
un tema secundario ao carón dos temas “serios” da bioética. Que diga algo así
un político preocupado polos seus éxitos pode comprenderse; pero non un
cristián, a quen só se lle permite a actitude de poñerse nos zocos dese irmán
que arrisca a súa vida para dar un futuro aos seus fillos. Poderemos recoñecer
que isto é precisamente o que nos reclama Xesucristo nos di que a el mesmo o
recibimos en cada forasteiro? (cf. Mt 25, 35) San Bieito o tiña asumido sen mais voltas, e mesmo que isto
“compricase” a vida dos monxes, estableceu que todos os hóspedes que se
presentaran no mosteiro foran acollidos “como a Cristo”85,
expresándoo mesmo con xestos de adoración86, e que os pobres e peregrinos foran tratados “co máximo mimo e solicitude”87.
103.
Algo semellante
plantexa o Antiguo Testamento cando di: “non
maltratarás nin asoballarás ao emigrante, pois emigrantes fostes vós na terra
de Exipto” (Ex 22,20). “Se un emigrante ven morar convosco no
voso país, non o asoballarás. O emigrante que reside entre vós sará para vós
como o nativo, amarédelo, porque emigrantes fostes vós no Exipto” (Lev 19,33-34).
Porén non se trata dun invento dun Papa ou dun delirio pasaxeiro. Nós tamén no
contexto actual, estamos chamados a vivir o camiño da iluminación espiritual
que nos presentaba o profeta Isaías cando se preguntaba que cousa agradaba a
Deus: “Non é acaso repartir o teu pan co famento e
acoller na túa casa os pobres sen
pobo? Cando vexas o espido, vísteo e non te escondas da túa propia carne.
Daquela resplandecerá a túa luz coma a alba”
(58, 7-8).
O culto que mais llle agrada
104.
Poderiamos pensar que
damos gloria a Deus só co culto e a oración, ou únicamente cumprindo algunhas
normas éticas – é verdade que o primado é a relación con Deus-, e esquecemos
que o criterio de avaliación da nosa vida é, primeiro de todo, o que fixemos
cos demais. A oración é preciosa se alimenta unha entrega cotiá de amor. O noso
culto agrada a Deus cando pousamos nel os intentos de vivirmos con xenerosidade
e cando deixamos que o don de Deus que recibimos se manifeste na entrega aos irmáns.
105.
Polo mesmo, o mellor
xeito de discernir a autenticidade do noso camiño de oración será mirar en que medida a nosa vida se vai
transformando á luz da misericordia. Porque “a misericordia non é só o obrar do Pai, senón que ela é o
criterio para saber quen son verdadeiramente os seus fillos”88. Ela “é a viga mestra que sostén a vida da
Igrexa”89. Quero remarcar unha outra vez que, se é certo que a
misericordia non exclúe a xustiza e a verdade, “antes que mais nada temos de dicir que a misericordia é a
plenitude da xustiza e a manifestación
mais luminosa da verdade de Deus”90.
Ela “é a chave do ceo”91.
106.
Non podo senón
lembrar aquela pregunta que se facía san Tomé de Aquino cando plantexaba cales
eran as nosas accións mais grandes, cales as obras externas que mellor
manifestan o noso amor a Deus. El respostou sen dubidar que son as obras de
misericordia co próximo92, mais que todos os actos de culto: “non é por Deus que o adoramos con sacrificios e dons exteriores
senón por nós e polo próximo. Deus non precisa os nosos sacrificios pero quere
que llelos ofrezamos pola nosa devoción e pola utilidade do próximo. Por iso, a
misericordia, que socorre os defectos alleos, é o sacrificio que mais lle
agrada, xa que causa mais de cerca a utilidade do próximo”93.
107.
Quen queira en
verdade dar gloria a Deus na súa vida, quen realmente arele santificarse para
que a súa existencia glorifique ao Santo, está chamado a obsesionarse,
desgastarse e cansar tentando vivir as obras de misericordia. É o que entendeu
moi ben santa Teresa de Calcuta: “Sí, teño moitas
debilidades humanas, moitas miserias humanas. […] Pero el baixa e úsanos a
vostede e a min, para ser o seu amor e compaixón no mundo, a pesares dos noso pecados, malia as nosas miserias e defectos. El depende de nos para amar ao mundo e
demostrarlle o moito que o ama. Se nos ocupamos demasiado de nós mesmos, non
nos vai quedar tempo para os demais”94.
108.
O consumismo
hedonista pode xogarnos unha mala pasada, porque na obsesión por pasalo ben
rematamos escesivamente concentrados en nós mesmos, nos nosos dereitos e nesa desesperación
por ter tempo libre para disfrutar. Será difícil que nos ocupemos e dediquemos
enerxías a botar unha man aos que están mal se non cultivamos unha certa
austeridade, se non loitamos contra esa febre imposta pola sociedade de consumo
para vendernos cousas, e que remata convertíndonos en pobres insatisfeitos que
queren telo todo e probar de todo. Tamén o consumo de información superficial e
as formas de comunicación rápida e virtual poden ser un factor de atontamento
que se leva todo o noso tempo e nos aparta da carne sufrinte dos irmáns. No
medio desta vórtice actual o Evanxeo volve resoar para ofrecérmonos unha vida
diferente, mais sá e mais feliz.
***
109.
A forza do testemuño
dos santos está en vivir as benaventuranzas e o protocolo do xuizo final. Son
poucas palabras, sinxelas, pero prácticas e válidas para todos, porque o
cristianismo é principalmente para ser practicado, e se tamen é obxecto de
reflexión, iso só serve cando nos axuda a vivir o Evanxeo na vida cotiá.
Recomendo vivamante reler con frecuencia estes grandes textos bíblicos,
lembralos, orar con eles, tentar facelos carne. Farannos ben, hannos facer
xenuinamente felices.
66
|
Cf
Homilía na Misa da Casa Santa Marta (09.06.14)
|
67
|
A orde entre a segunda e a terceira benaventuranza troca
segundo as diversas tradicións textuais
|
68
|
Exercicios Espirituais, 23
|
69
|
Manuscrito
C, 12r
|
70
|
Dende
os tempos patrísticos, a Igrexa valora o don das bágoas, como se apreza tamén
na fermosa oración Ad petenam
compunctionem cordis: “Deus Omnipotente
e mansísimo, que para o pobo sedento fixeches xurdir da rocha unha fonte
de auga viva,
fai abrollar da dureza dos nosos corazóns
|
bágoas de compunción, para que,
chorando os nosos pecados, obteñamos pola túa misericordia o perdón” (Missale
Romanum, ed Typ 1962)
|
|
71
|
Catecismo da Igrexa Católica,
1789; cf 1970
|
72
|
Ibíd
1787
|
73
|
A difamación e a calumnia son como un
acto terrorista: bótase a bomba, destrúese e o ofensor queda feliz e
tranquilo. Isto é moi diferente da nobreza de quen se achega a conversar cara
a cara, con serena sinceridade, pensando no ben do outro.
|
74
|
En
ocasións farase necesario conversar sobre as dificultades dalgún irmán. Neses
casos pode ocurrir que se transmita un relato en vez dun feito obxectivo. A
paixón deforma a realidade concreta do feito, transfórmao en relato e remata
transmitindo ese relato cangado de subxectividade. Así destrúese a realidade e non se acorda a verdade do outro.
|
75
|
Exh Ap Evangelii gaudium (24.11.13),
218
|
76
|
Ibíd 239:1116
|
77
|
Ibíd 227: 1112
|
78
|
Carta
Enc Centesimus
annus (01.05.91), 41c
|
79
|
Carta ap. Novo milennio ineuente (06.01.01),
49
|
80
|
ibíd
|
81
|
Bula Misericordiae Vultus (11.04.15),
12
|
82
|
Lembremos a acción do Bo
Samaritano ante o home que uns bandidos deixaron a morrer na beira do camiño
(cf Lc10, 30-37)
|
83
|
Conferencia Canadiense de Bispos
Católicos. Comisión de Asuntos sociais. Carta aberta aos membros do
Parlamento, The Common Good of Exclusion. Achoice for Canadians
(01.02.01), 9
|
84
|
Cf a
V Conferencia Xeral do Episcopado Latinoamericano e do Caribe, según o
maxisterio constante da Igrexa, ensinou que ser humano “é sempre sagrado,
dende a súa concepción, en todas as etapas da súa existencia, ata a morte
natural e mesmo despois da morte”, e que a súa vida debe ser coidada “ dende
a concepción, en todas as súas etapas, e ata a morte
natural” (Doc de Aparecida, 29.06.07), 388, 464)
|
85
|
Regra, 53, 1: PL 66, 7493
|
86
|
Cf. Ibíd 53, 7 : PL 66, 750
|
87
|
Ibíd 53, 15 : PL 66, 751
|
88
|
Bula Misericordiae Vultus (11.04.15),
9
|
89
|
Ibíd 10: AAS 107 (2015), 406
|
90
|
Exh
Ap postsin Amoris Laetitiae (19.03.16), 311
|
91
|
Exh
Ap Evangeii
gaudium (24.11.13), 197
|
92
|
Cf summa theologiae II-II, q30
a 4
|
93
|
Ibíd.
Ad 1
|
94
|
Cristo nos pobres, Madrid 1981,
37-38
|
Comentarios
Publicar un comentario