Domingo 28 de Ordinario B
Primeira Lectura Sab 7, 7-11
En nada considerei as riquezas
comparándoas coa sabedoría
LECTURA DO LIBRO DA SABEDORÍA
7Roguei entón e foime dada a
prudencia,
supliquei e veu a min o espírito
da Sabedoría.
8Preferina a cetros e tronos,
en comparanza a ela, coidei ser
nada a riqueza;
9non se lle asemella a alfaia de
máis prezo,
pois todo o ouro, ó seu lado, é
unha manchea de area,
e xunto a ela a prata é coma a
lama.
10Ameina por riba da saúde e da
beleza,
escollín posuíla en troques da
luz,
pois o seu resplandor non ten
solpor.
11Con ela viñéronme xuntos todos
os bens,
polas súas mans, riquezas
incontables.
12De todos gocei eu; pois é a
Sabedoría a que goberna neles,
se ben aínda non me decatara de
que era ela a nai de todos.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 89, 12-13. 14-15. 16-17
R/. (14): Dános
axiña a fartura da túa misericordia,para que a nosa vida teña felicidade e
ledicia.
12Ensínanos a contar os nosos
días,
para que aprendamos a ser
asisados.
13Volve, Señor. ¿Por canto aínda?
Apiádate dos teus servos.
14Dános axiña a fartura da túa
misericordia,
para que a nosa vida teña
felicidade e ledicia.
15Alégranos polos días en que nos
aflixiches,
por tantos anos de coitas.
16Que se vexa a túa obra nos teus
servos
e a túa gloria nos teus fillos.
17Que a bondade do Señor, noso
Deus, sexa connosco
e que el asegure as accións das
nosas mans.
Segunda Lectura Heb 4, 12-13
A palabra de Deus xulga os
proxectos e os pensamentos
LECTURA DÁ CARTA AOS HEBREOS
12Collámolo a peito, xa que a
palabra de Deus é viva e dinámica, máis cortante do que unha espada de dobre
fío e que penetra mesmo alí onde se diferencian a alma e o espírito, as xuntas
e a medula. Ela xulga os proxectos e os pensamentos. 13Non hai cousa que se lle
esconda, todo está nu e penetrable ós seus ollos: é a ela a quen lle temos de
dar contas.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Mt 5, 3
Se non
cántase, podar omitir
Aleluia,
aleluia.
Ditosos
vos pobres non espírito
porque
deles é ou Reino dous Ceos.
Aleluia.
Evanxeo Mc 10, 17-30 (longa)
Vende todo o que tes, e repárteo
entre vos pobres, e despois ven e sígueme
LECTURA
DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
17No preciso momento en que se
puña en camiño, chegou un a correr, que se axeonllou diante del e que lle
preguntou:
‑Mestre bo, ¿que teño que facer
para acadar a vida eterna?
18Xesús contestoulle:
‑¿E por que me chamas bo? Ninguén
e bo, fóra de Deus. 19Xa sabes os mandamentos: Non mates, non cometas
adulterio, non roubes, non deas falso testemuño, non defraudes, honra a teu pai
e mais a túa nai.
20El respondeu:
‑Mestre, todas esas cousas
gardeinas desde a miña mocidade.
21Entón Xesús pousou nel a súa
ollada chea de cariño e engadiu:
‑Aínda che falta unha cousa: vai,
vende todo o que tes, e repárteo entre os pobres, e terás un tesouro no ceo; e
despois ven e sígueme.
22Ante estas palabras mudóuselle
o rostro e marchou moi apesarado, pois tiña moitos bens.
23Xesús mirando todo arredor,
díxolles ós discípulos:
‑¡Que difícil lles vai ser ós
ricos entrar no Reino de Deus!
24E os discípulos ficaron moi
sorprendidos por estas palabras. Pero Xesús volveu a insistir:
‑Fillos, ¡que difícil é entrar no
Reino de Deus! 25É máis doado para un camelo pasar polo ollo dunha agulla, do
que para un rico entrar no Reino de Deus.
26Eles, aínda moi asombrados,
comentaban entre si:
‑Entón, ¿quen se vai poder
salvar?
27Xesús, mirando para eles
fixamente, dixo:
‑Si, para os homes é imposible,
pero non para Deus; pois todo é posible para Deus.
28Colle Pedro e di:
‑Pois nós deixámolo todo, e
seguímoste.
29Dixo Xesús:
‑Tende
por seguro que non hai ninguén que deixe casa ou irmáns ou irmás ou nai ou pai,
ou fillos ou leiras por cousa miña e polo Evanxeo, 30que pase sen recibir cen
veces máis en casas, irmáns, irmás, nai, pai, fillos e leiras (aínda que con
persecución) agora, e que no mundo futuro non reciba a vida eterna.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
______________________________________________________________________
Ou: Mc 10, 17-27 (máis breve)
LECTURA
DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
17No preciso momento en que se
puña en camiño, chegou un a correr, que se axeonllou diante del e que lle
preguntou:
‑Mestre bo, ¿que teño que facer
para acadar a vida eterna?
18Xesús contestoulle:
‑¿E por que me chamas bo? Ninguén
e bo, fóra de Deus. 19Xa sabes os mandamentos: Non mates, non cometas
adulterio, non roubes, non deas falso testemuño, non defraudes, honra a teu pai
e mais a túa nai.
20El respondeu:
‑Mestre, todas esas cousas
gardeinas desde a miña mocidade.
21Entón Xesús pousou nel a súa
ollada chea de cariño e engadiu:
‑Aínda che falta unha cousa: vai,
vende todo o que tes, e repárteo entre os pobres, e terás un tesouro no ceo; e
despois ven e sígueme.
22Ante estas palabras mudóuselle
o rostro e marchou moi apesarado, pois tiña moitos bens.
23Xesús mirando todo arredor,
díxolles ós discípulos:
‑¡Que difícil lles vai ser ós
ricos entrar no Reino de Deus!
24E os discípulos ficaron moi
sorprendidos por estas palabras. Pero Xesús volveu a insistir:
‑Fillos, ¡que difícil é entrar no
Reino de Deus! 25É máis doado para un camelo pasar polo ollo dunha agulla, do
que para un rico entrar no Reino de Deus.
26Eles, aínda moi asombrados,
comentaban entre si:
‑Entón, ¿quen se vai poder
salvar?
27Xesús, mirando para eles
fixamente, dixo:
‑Si, para os homes é imposible,
pero non para Deus; pois todo é posible para Deus.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
Comentarios
Publicar un comentario