8 ene. 2017

Unxiuno Deus co Espírito Santo - Feit 10, 34-38

Bautismo do Señor - ciclo A


ANDAR POLA VIDA CADA DÍA

Andar pola vida
portando a túa mensaxe e boa noticia;
andar ergueito e feliz
a pesar das inclemencias do camiño,
das tormentas e contratempos;
andar a plena luz
sen medo a ser recoñecido
como testemuña túa aquí e agora.

Deter o paso
e descansar de cargas e abafos;
dialogar e compartir
cada día con quen vai e vén;
volver saír
e agradecer o camiño e as súas historias;
reiniciar a marcha
e vivir os costumes e as sorpresas...

Ser consciente
do que puxeches ao noso lado;
mirar atentamente
en todas as direccións
sen esquecer o horizonte,
e contemplar o ceo aberto,
xa para sempre,
coas súas luces, silencios e voces...

Hoxe e cada día,
protexido polo teu manto e sombra,
decátome máis fillo,
máis bautizado,
máis lixeiro,
máis cheo de alegría,
máis atopado...
máis enviado e amado...


Florentino  Ulibarri



No hay comentarios:

Publicar un comentario