29 ene. 2017

Deus elixiu ós febles do mundo - 1 Cor 1, 26-31

Domingo 4 do Tpo. Ordinario - ciclo A


QUE SON AS ESTRELAS?

E que son as estrelas
senón veas postas no firmamento
para que non nos sintamos perdidos
neste mundo no que vivimos?

Ou quizá sexan lucernas
que alumean e quentan
os nosos corredores e alcobas
cando o sol xa non brilla?

Ou serán talvez candís
afastados que parpadean
porque necesitan aceite
para continuar a súa tarefa?

Hai quen di que son chamas,
só chamas de amor vivas
que rumorean a túa tenrura
a todos os que as miran.

Ou serán fogueiras que nos lembran
desde fai millóns de anos
que Ti nos recreas e acrisolas
coa túa presenza gratuíta?

Eu creo que as estrelas son todo iso
-veas, chamas, fogueiras,
candís, lucernas- e moito máis:
son a esperanza da humanidade enteira!

Así é para min o teu Nadal:
agasallo de estrelas vivas,
tarefa de acendelas,
gozo de velas desde a terra!

Só unha e a intres bastounos,
pero Ti nos regalaches millóns e millóns
para que gozar e non nos perdamos
neste tempo de crise e apagamentos.


Florentino Ulibarri





No hay comentarios:

Publicar un comentario