Que vos poñades todos de acordo e que non haxa divisións entre vós - 1 Cor 1, 10-13. 17

Domingo 3 de Ordinario - ciclo A


TI, CHÁMASME

TI CHÁMASME, SEÑOR,
a descubrir o encanto da túa persoa e do teu proxecto,
arrastrándome coa forza do amor e da amizade,
aínda que teña que renunciar aos meus proxectos,
ás miñas comodidades, ao meu proveito persoal.
Chámasme a facer posible a esperanza do teu pobo,
a soñar unha mañá máis feliz para todos,
o momento en que todos podamos vivir como fillos de Deus...
E xa sabes que, desde que descubrín a túa chamada,
teño gritar e dicir que "xa non podo vivir sen ti".

CHÁMASME, SEÑOR, E SEGUIREITE
sen cansarme de proclamar o teu reino;
de percorrer camiños e situacións dicindo coa miña vida
que Ti e o teu proxecto son o mellor para o ser humano.
Seguireite sen cansarme de pregoar, a salvación que nos traes,
fronte a tanto pesimismo e desencanto pola vida;
sen cansarme de levar a túa luz, Señor, onde a escuridade reina
e, onde facilmente confundimos o malo co bo...
Porque "me seduciches, Señor e me deixei seducir",
e, desde entón,
teño que gritar e dicir que "xa non podo vivir sen ti".

TI CHÁMASME, SEÑOR, E EU QUERO SEGUIRTE
sen cansarme de anunciar a túa palabra,
de seguir os teus pasos e as túas pegadas,
de abandonar camiños equivocados;
sen cansarme de pedir perdón polos erros cometidos,
de querer ser unha boa persoa
e de loitar contra a miña propia mediocridade...
Porque "me seduciches, Señor e me deixei seducir",
e, desde entón,
teño que gritar e dicir que "xa non podo vivir sen ti".


Isidro Lozano


Comentarios

Publicacións populares