1 ene. 2017

Deus mandóuno-lo seu Fillo, nacido de muller - Gal 4, 4-7

SOLEMNIDADE DE SANTA MARÍA, NAI DE DEUS


MARÍA, NAI DE DEUS

María, Nai de Deus
pedímosche,
Nai de Deus e Nai nosa,
que sintamos sempre a paz do Señor,
que a nosa mirada
sexa sempre limpa e clara,
que os nosos beizos
pronuncien soamente palabras
de optimismo e de esperanza,
que o noso paso sexa firme
e a nosa actitude valente,
que as nosas mans sexan xenerosas para dar
e prudentes para recibir,
que o noso corazón estea
sempre aberto para amar a todos,
que os nosos pasos se dirixan
cara ao lugar onde poidan ser útiles,
que a nosa vida sexa luminosa e xenerosa,
como a vosa,
Santa Nai de Deus. 

Eduardo Pironio


No hay comentarios:

Publicar un comentario