Domingo 4 de Ordinario A

PRIMEIRA Sof 2, 3; 3, 12-13
Farei que quede no medio de ti un pobo pobre e humilde,
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE SOFONÍAS

 3Buscade o Señor, tódolos pobres do país, que cumpríste-los seus decretos, buscade a
xustiza, buscade a humildade.

Quizais poidades escondervos no día da ira do Señor.
12Farei que quede no medio de ti un pobo pobre e humilde,
e no Nome do Señor terá o seu refuxio 13o resto de Israel.
Non farán maldades nin dirán mentiras;
non se atopará na súa boca lingua mentireira.
Si, eles pacerán e deitaranse sen que ninguén os espante.



SALMO RESP. Sal 145, 7. 8-9a. 9bc-10
R/ (Mt 5, 3): Ditosos os que teñen espírito de pobres,
porque deles é o Reino dos Ceos

Ou: Aleluia.

7El garda por sempre a súa fidelidade:
failles xustiza ós oprimidos
e dálles pan ós famentos.
O Señor libra os cativos,

8o Señor abre os ollos dos cegos,
o Señor endereita os dobrados,
o Señor ama os xustos.
9O Señor protexe os forasteiros,

sostén os orfos e as viúvas,
extravía os camiños dos malvados.
10Reine o Señor por sempre,
o teu Deus, Sión, polas xeracións.
Aleluia.



SEGUNDA 1 Cor 1, 26-31
Deus elixiu ós febles do mundo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

26Reparade, irmáns, en quen sóde-los chamados: entre vós, mirando as cousas con
criterios deste mundo, non hai moitos sabios, nin moitos poderosos, nin moitos da
nobreza. 27O contrario, o que hai de parvo no mundo, iso foi escoller Deus para
desconcerta-los sabios; e o que hai de débil no mundo, iso foi escoller Deus para
desconcerta-lo poder; 28o plebeo e mailo desprezado, iso foi escoller Deus: o que non é,
para anula-lo que é; 29de xeito que ningún mortal poida campar diante de Deus. 30Por El
é por quen existides vós en Cristo Xesús, quen se fixo para nós a sabedoría e maila
xustiza, a santificación e maila redención que veñen de Deus. 31E así, como está escrito,
"quen está orgulloso, que o estea do Señor".



 ALELUIA Mt 5, 12a:
Alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos


EVANXEO Mt 5, 1-12a
Ditosos os que teñen espírito de pobres
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

5 1Vendo Xesús a multitude, subiu ó monte e sentou. Achegáronselle os seus discípulos,
2e el, tomando a palabra, ensinábaos dicindo:
3-Ditosos os que teñen espírito de pobres,
porque deles é o Reino dos Ceos.
4Ditosos os que choran,
porque eles serán consolados.
5Ditosos os non violentos,
porque eles herdarán a terra.
6Ditosos os famentos e sedentos de xustiza,
porque eles ficarán fartos.
7Ditosos os misericordiosos,
porque eles acadarán a misericordia.
8Ditosos os de corazón limpo,
porque eles verán a Deus.
9Ditosos os que traballan pola paz
porque eles serán chamados fillos de Deus.
10Ditosos os perseguidos por causa da xustiza,
porque deles é o Reino dos Ceos.

11Ditosos vós cando vos aldraxen, persigan e calumnien de calquera xeito pola miña
causa: 12alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos.



CANTO GOZOSO

ENTRADA: Non vou so
LECTURAS: Benaventurados 
OFERTORIO: Recibe Señor  
COMUÑÓN: Todos xuntos 



Comentarios

Publicacións populares