15 ene. 2017

Fareite luz dos pobos, para que se dea a miña salvación - Is 49, 3. 5-6

Domingo 2 do Tpo.Ordinario A



XESÚS, TI ES O AÑO DE DEUS!

Viñeches por min, Señor,
para que, coñecéndote, poña o cimento da miña vida en Ti.
Viñeches por min, Señor,
para que, véndote, te ame e me fíe de Ti
e para que, amándote, ame e me poña ao servizo dos que me necesitan.
Viñeches por min, Señor!
E eu douche as grazas, bendígote e búscote
e, buscándote, pido que o teu Reino se faga presente en min.

XESÚS, TI ES O AÑO DE DEUS,

QUE QUITA O PECADO DO MUNDO!
Chámasme a pasar polo mundo facendo o ben,
sendo obediente ao Espírito que marcou o camiño da túa vida.
Faime capaz de mostrar aos meus irmáns
a mansedume inmensa de Deus,
e a súa tenrura ilimitada, con todos e cada un de nós
a quen amas desde sempre e para sempre...
Axúdame a ser testemuña do teu poder de liberación,
da forza da fraternidade,
do teu afán por sentar aos pobres nun trono de gloria.

XESÚS, TI ES O AÑO DE DEUS,

QUE QUITA O PECADO DO MUNDO, O FILLO DO PAI!
E viñeches por min, Señor,
para que, o meu desacougo de cada día
se vexa aliviado pola túa presenza;
para que os meus pecados sexan perdoados polo teu corazón de Pai.
Grazas, Señor, porque viñeches por min!
Grazas pola túa palabra que está viva
e que a van dicindo, como poden, os nosos beizos.
Grazas porque es Deus e falas a Deus
das nosas soidades, dos nosos prantos...
Grazas, Pai, porque nos chamas a seguir o teu camiño
e nós, contigo da man,
seguiremos camiñando.
GRAZAS, SEÑOR, AÑO DE DEUS, FILLO DO PAI!




Isidro Lozano



No hay comentarios:

Publicar un comentario