10 feb. 2016

MÉRCORES DA CINSA





ORACIÓN DO MÉRCORES DE CINZA

Corenta días para deixarme atopar por Ti,
    para darme conta de que me esperas á porta de casa.
    Corenta días para pedirche perdón
    e xaxuar de tantas cousas que me sobran e outros necesitan.
    Corenta días para escoitar máis atento a túa Palabra,
    e deixar que sexa o teu Pan quen me sacie 
    e o teu perdón quen me restaure.

Un pouco de cinza no rostro
pódeme pór en camiño de verdade:
NON HAI CAMIÑO FÓRA DE DEUS.
E hoxe mesmo comezo o camiño de retorno á túa casa.

+


+





 

  





No hay comentarios:

Publicar un comentario