7 feb. 2016

Así predicamos e así crestes vós - 1 Cor 15, 1-11

Domingo 5 do Tpo. Ordinario - ciclo C


QUERO ACEPTAR O TEU RETO, XESÚS

Quero aceptar o teu reto,
pero sinto na gorxa un nó apertado
e non sei dicir nada.

Escoito a túa invitación,
pero non solto as miñas amarras e non atino
a levantar  áncoras para ir a alta mar.

Eu quedo á beira,
porque é pequena a miña barca
e son poucas as miñas forzas
para cruzar as augas.

Non poderei ser o teu amigo se quedo na praia,
recibindo os bicos da tarde dourada?

Pero ..... non.
Vén ao meu bote,
desenvaíña a espada e corta, dun só golpe,
as cordas que me atan!



No hay comentarios:

Publicar un comentario