Confesión de fe de quen cre en Cristo - Rm 10, 8-13
Domingo 1 de Coresma - ciclo C
FACER CAMIÑO
Quen
non sentiu algunha vez a ledicia
de botarse a andar sen saber moi ben a onde,
só polo puro pracer de camiñar,
de saír da ruta de todos os días
para abrir novos
vieiros no chan e na alma?
Quen
non sentiu a asfixia de saberse
atado sempre á mesma rutina,
camiñando ás
voltas para estar sempre no mesmo sitio?
Quen
non sentiu que a vida debe estar noutra parte,
lonxe dos horizontes raquíticos
que nos impuxeron
ou que nos impuxemos?
Quen
non pensou que as causas non poden seguir así,
que hai que cambiar, que hai que,
por fin, botarse a andar?
Quen
non pensou que tal vez a verdade auténtica
se acha fóra das pequenas verdades
mil veces repetidas,
sobadas, escritas e gritadas por mil voces sempre iguais?
O
que che propoño non é unha viaxe polo mundo adiante,
senón un camiño interior,
un mergullarse,
con medo e con ansia, no interior de nós mesmos,
percorrer os
camiños do corazón e da alma
en busca do que somos de verdade
que é o mesmo que
dicir en busca de Deus.
Seremos
quen de facer este camiño,
seguramente o máis necesario,
pero tamén o máis duro
e por iso o menos transitado?
Seremos capaces de falar con nós mesmos,
percorrernos para poder atopamos e atopar a Deus?
Comentarios
Publicar un comentario