Fíxente profeta para as nacións - Xer 1, 4-5. 17-19
Domingo 4 do Tpo. Ordinario - ciclo C
GRITA,
PROFETA
Recibiches un destino doutra palabra máis
forte.
É a túa
misión ser profeta, palabra do Deus vivente.
Ti irás
levando a luz, nunha entrega perenne,
que a
túa voz é voz de Deus e a voz de Deus non dorme.
Vai
polo mundo, grita á xente:
que o
amor de Deus non acaba nin a voz de Deus se perde.
Segue o
teu rumbo profeta, sobre a area quente.
Segue
sementando no mundo, que o froito se fará presente.
Non
temas se a nosa voz ante a súa voz se detén,
porque
fuximos da dor e a voz de Deus dóenos.
Segue
cantando, profeta, cantos de vida e de morte.
Segue
anunciando que o Reino de Deus xa vén.
Non
calarán esa voz, e a ninguén podes temerlle,
que a
túa voz é voz de Deus e a voz de Deus non morre.
Vicente Mateu
Comentarios
Publicar un comentario