CELEBRACIÓN PENITENCIAL DE CORESMA
Un
corazón necesitado de renovación. Grazas, Señor.
Ambientación:
Reunímonos na Igrexa e con unha luz
moi tenue, comezamos cantando. Diante do altar colocamos un recipiente de barro
dentro do que poñeremos os anacos de cadea - símbolo que fomos rachando ao
longo de toda a Coresma - para queimar antes do momento da absolución.
-Arrepentido de vivir sen
sentido percorrendo camiños que se arredan de Ti.
Arrepentido das xornadas
baleiras e do tempo perdido que pasou ante min.
Perdóanos,
Señor, perdóanos. (bis)
-Arrepentido de esquecer os
proxectos e matar o ideal de vivir coma Ti.
Arrepentido de negar o
sorriso ou a axuda precisa a quen pasa onda min.
Perdóanos, Señor...
-Arrepentido de palabras
sen vida, de amizades feridas que se foron de min.
Arrepentido coma o fillo
perdido, volvo á casa e confío que me esperas alí.
Perdóanos, Señor...
Saúdo: No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo…
Monición:
Ao longo da Coresma temos escoitado
moitas veces a palabra convertédevos. Todo o tempo de Coresma foi un camiño, un
exercicio de conversión. Queremos cambiar a nosa maneira de facer e pensar as
cousas, porque só así conseguiremos celebrar, con sentido e vivencia cristiá, a
Pascua de Cristo. É dicir, morrer ao pecado e enchemos da vida nova que El nos
ven traer.
Nesta celebración queremos revisar a
nosa resposta, poñemos di ante de Cristo, coma aquel paralítico que levaron
entre catro, abrimos a súa misericordia, e esperar a súa palabra de perdón e
renovación.
Tamén nós queremos esta tarde ver a
Xesús, esforcémonos por conseguilo e abramos o noso corazón ao cambio.
Invocacións
penitenciais:
Libéranos da carga dos nosos
pecados./ Señor, ten piedade.
Libéranos do peso dos nosos
egoísmos./ Señor, ten piedade
Libéranos das nosas ataduras e
apegos. / Señor, ten piedade.
Libéranos das nosas comodidades e
dos nosos medos./ Señor, ten piedade.
Libéranos das nosas dúbidas e
escuridades./ Señor, ten piedade.
Libéranos dos nosos rancores e
envexas./ Señor, ten piedade
Libéranos das nosas violencias e
vinganzas./ Señor, ten piedade.
Libéranos das nosas riquezas e
cobizas./ Señor, ten piedade.
Libéranos das nosas tristuras e
desesperanzas. / Señor, ten piedade.
Libéranos dos nosos pesimismos e
pasividades./ Señor, ten piedade.
Oración
Concédenos, Señor Deus,
un corazón:
Vixiante, que ningunha
curiosidade nos aparte de ti;
Nobre, que ningunha
influencia nos envileza;
Recto, que ningunha
mala intención nos desvíe;
Firme, que ningunha
tribulación nos debilite;
Libre, quen ningún
afecto nos escravice.
Ecos da oración
(Cunha música suave de fondo,
vaise lendo de xeito pausado o seguinte texto)
Concédenos,
Señor
Queremos cambiar o noso corazón.
Sós non podemos facelo. Necesitamos
da túa man, Señor.
Un corazón
vixiante
Porque un corazón que durme, apágase.
Deixa de ser sensible
Vólvese capaz de ferir os irmáns.
Necesitamos un corazón esperto.
Atento a túa palabra, a túa chamada.
A túa chegada.
Que non esteamos durmidos cando
chegues.
CREA EN MIN, OH DEUS, UN CORAZÓN
PURO
E RENÓVAME POR DENTRO CUN
ESPÍRITO FIRME.
Un corazón nobre
Ás veces o meu corazón deixase levar
por intereses mesquiños
faise hipócrita, enganoso e corrupto.
Necesitamos un corazón limpo, digno
e bo fiel aos seus principios e valores
Un corazón recto
Porque moitas veces desviámonos do teu
camiño
Non buscamos a verdade, senón o noso
interese
Dános, Señor, un corazón libre e
responsable
Que non se engane a si mesmo, nin
pretenda enganar aos demais
CREA EN MIN, OH DEUS, UN CORAZÓN
PURO
E RENÓVAME POR DENTRO CUN
ESPÍRITO FIRME.
Un corazón firme
Que rompa a nosa covardía. O noso
cansazo e impaciencia.
Que esquece e se desesperanza.
Dános, Señor, forza e fortaleza. Perseveranza e paciencia. Aguante e fidelidade.
Que esquece e se desesperanza.
Dános, Señor, forza e fortaleza. Perseveranza e paciencia. Aguante e fidelidade.
Un corazón libre
O noso corazón moitas veces é
escravo. Átase a moitos apegos que non o fan feliz:
A cobiza, o pracer, a fama, o medo,
a timidez. Dáme, Señor, un corazón desapegado, pobre.
Humilde, e sempre en actitude de
cambio.
Proclamación
da Palabra
• Ez 36, 23 - 28. cambiarei o
voso corazón de pedra en corazón de carne.
Lectura do Libro de Ezequiel (Ez 36, 23 – 28)
Así
fala o meu Señor, Iavé:
-Casa
de Israel, non por vós vou eu actuar, senón por mor do meu santo Nome, que vós
profanastes entre as nacións onde fostes.
Pois
vou facer que se recoñeza a santidade do meu grande Nome, profanado entre as
nacións nas que vós o profanastes.
Entón
recoñecerán estas nacións que eu son o Señor -é o meu Señor, Iavé, quen fala-, cando
eu vos faga recoñecer a miña santidade na súa presenza.
Pois
recollereivos das nacións, xuntareivos de tódolos países e traereivos á vosa
terra.
Asperxerei
sobre vós auga purificadora e quedaredes puros; de tódalas vosas impurezas e de
tódalas vosas idolatrías heivos purificar.
Dareivos
un corazón novo e poñerei nas vosas entrañas un espírito novo; sacarei da vosa
carne o corazón de pedra e poreivos un corazón de carne.
Porei
nas vosas entrañas o meu espírito e farei que camiñedes conforme os meus
preceptos
e que gardéde-los meus mandamentos e os
cumprades.
Viviredes
no país que lles dei a vosos pais: seréde-lo meu pobo e eu serei o voso Deus.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
Canto: CREA EN MIN UN CORAZÓN PURO
CREA EN MIN, OH DEUS, UN CORAZÓN
PURO
E RENÓVAME POR DENTRO CUN
ESPÍRITO FIRME.
-Apiádate de min
pola túa bondade, borra o meu pecado.
Lávame ben da
miña iniquidade, límpame da culpa.
-Recoñezo o meu
pecado, sinto a miña culpa.
Lávame Ti, e
quedaréi branco, branco coma a neve.
• Mt 11, 25 - 30. Na pequenez, Deus,
fálanos e móstrase achegado e sempre amigo. Só desde a humildade conseguiremos
o cambio do corazón.
Lectura do
Evanxeo de san Mateu
( Mt 11, 25 – 30)
Naquel tempo dixo Xesús:
-Bendito sexas, meu Pai, Señor do
ceo e mais da terra, porque lles escondiches estas cousas ós sabios e ós
prudentes e llas revelaches á xente humilde.
Si, meu Pai, bendito sexas por che
agradar iso así. Meu Pai ensinoume tódalas cousas e ninguén coñece ó Fillo agás
o Pai, nin coñece ó Pai agás o Fillo e aquel a quen o Fillo llo queira revelar.
Achegádevos a min tódolos que
estades cansos e oprimidos, que eu vos aliviarei.
Cargade co meu xugo e aprendede de
min, que son bo e humilde de corazón e atoparedes acougo para as vosas almas;
porque o meu xugo é aturable e a miña carga liviá.
Palabra do Señor R/.-
Loámoste, Cristo
CREA EN MIN, OH DEUS, UN CORAZÓN
PURO
E RENÓVAME POR DENTRO CUN
ESPÍRITO FIRME.
-Faime senti-lo
gozo e a ledicia, borra as miñas culpas.
Crea en min un
corazón puro, non me botes fóra.
Remuíño:
-
Necesitamos un transplante de corazón.
- Deus sae ao noso encontro: non
estamos sós.
- Camiñamos desde a humildade,
deixando atrás o vello.
Exame de Conciencia:
Momento de achegarse ao perdón e de
queimar as cadeas que nos escravizan, e que ao longo do tempo de Coresma
quixemos ir rachando e deixando atrás. Soa de fondo unha música suave.
Peticións de
acción de grazas:
Dámosche grazas, Pai
- Polo amor co que
nos amas. Grazas, Pai.
- Polo perdón que
nos concedes. Grazas, Pai.
- Polos sacramentos que recibimos. Grazas, Pai.
- Pola Palabra que nos alenta. Grazas, Pai.
- Pola auga e o sangue de Cristo. Grazas, Señor.
- Pola forza do Espírito que camiña con nós. Grazas, Pai.
- Pola Igrexa que nos chama a ser comunidade. Grazas, Pai.
- Polos irmáns que comparten con nós a fe. Grazas, Pai.
- Polas persoas que vas pondo no noso camiño
para que nos guíen. Grazas,Pai.
Dámosche grazas, Pai, pola grandeza da túa
misericordia, que non se esgota, e sempre nos perdoa. Amén.
Pola
vida que é regalo dos teus dedos, polo sol que nos esperta cada alba,
Pola
noite que agarima os nosos ollos, pola lúa que nos enche de nostalxia.
Grazas,
Señor, graciñas (bis)
Polos
cumes onde raia a luz do día, polos vales frutidores da fartura,
polos
mares bulideiros de inquedanzas, pola calma, polo vento e pola chuvia.
Grazas,
Señor, graciñas (bis)
Polos
nenos en quen brilla o teu sorriso, pola idade na que o amor con forza bate,
por
aquela en que a fogaxe madurece, pola hora na que a vida é señardade.
Grazas,
Señor, graciñas (bis)
Pola
casa e mailo pan, polo traballo, pola busca dos lograr quen nos teñen,
polo
empeño comunal dun e outros, polo albor do mundo xusto que pretenden.
Comentarios
Publicar un comentario