Non hai profeta máis desprezado que na súa terra - Mc 6, 1-6


A SABEDORÍA DUN POBRE

A xente daquel tempo,
os veciños de Xesús,
non o daban entendido.
Non lles collía na cabeza
que un home de aldea
puidese dicir e facer
o que Xesús dicía e facía.

Que un home de carreira
fale ben, pase,
pero un carpinteiro ...

Que un de fóra
diga causas asombrosas, pase,
pero un veciño da porta ...

Que o fillo do Sr. Gobernador
prometa cambios espectaculares, pase,
pero o fillo de Xosé e da María ...

Que un cura ou un bispo
nos ensinen o camiño de Deus, pase,
pero un que nin sequera foi ao seminario ...

Que un que fale castelán
nos traia a cultura, pase,
pero un que roza o galego coma nós ...

Pola parroquia de Xesús
corría este dito:
“Está claro, meus amigos,
para ser escoitado e crido,
cómpre poñerse gravata,
zapato limpo e sombreiro,
dicir que vén do estranxeiro,
e logo ... dicir parvadas”.

Agardaban que Deus lles falase
con sinais poderosos,
e apareceu aquel home corrente,
que comía e bebía coma calquera,
que sabía de traballos e alegrías,
que polas mañás daba os bos días
e pola noite dicía: estou canso.

As súas palabras non podían ser
palabras de vida.
Os seus feitos non podían ser
feitos que liberasen.

Pero alí estaba Deus,
aquel era o camiño de Deus:
A salvación vén soamente
dos que non teñen poder.

Todos se rían con gusto,
pero Xesús repetía:
A ciencia virá dos sabios
o progreso virá dos científicos,
pero a liberación dos pobres
é cousa dos que non teñen poder. 




Comentarios

  1. Querida li seu comentário hoje e agradeço pela visita e carinho.
    Um grande abraço.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares