Oración á Virxe do Carme

Entre os tempos que corren, que son de cidade mariñeira e a miña formación mariana, non podía deixar pasar esta data coma se nada. Pidamos por nós e tamén polos demais con corazón e palabras sinxelas e poñámonos nas mans de María.

Con agarimo, en especial para os nen@s, homes e mulleres de vilas mariñeiras e á xente do naval e da pastoral do mar.




DEBUXO : elrincondelasmelli.blogspot.com


SÚPLICA PARA TEMPOS DIFÍCILES :
Teño mil dificultades: axúdame.
De inimigos da alma: sálvame.
Nos meus desacertos: ilumíname.
Nas miñas dúbidas e penas: confórtame.
Nas miñas enfermidades: fortaléceme.
Cando me desprecen: anímame.
Nas tentacións: deféndeme.
En horas difíciles: consólame.
Co teu corazón maternal: ámame.
Co teu inmenso poder: protéxeme.
E nos teus brazos ao expirar: recíbeme.
Virxe do Carme, roga por nós. Amén.






Comentarios

Publicacións populares