Amósanos, Señor, a túa misericordia e dános a túa salvación - Salmo 84
Domingo 15 de ordinario - ciclo B
DE DOUS EN DOUS
De dous en dous,
en equipo,
para expresar coa vida
o sinal da irmandade
nunha vida compartida.
De dous en dous,
con poder,
para curar moitos males
e expulsar a tantos demos
que nos fan esmorecer.
De dous en dous,
en pobreza,
pero coa grande riqueza
da liberdade máis fonda
de dar e dar incansable
sen agardar nada en volta.
De dous en dous,
compartindo
coa xente o don recibido,
somerxéndose na vida
que o faga limpo e curtido.
De dous en dous,
en directo,
chamándolle en cada caso
ao pan, pan, e ao viño, viño,
aos raposos polo nome,
para que lles sirva de aviso.
De dous en dous,
anunciando
a novidade de Deus
que reclama para os seus
terra na terra e no ceo.
terra na terra e no ceo.
(NOTA: Cambiei o poema desta entrada, atopei estoutro e pareceume máis apropiado)
Comentarios
Publicar un comentario