Libros sobre a historia da Igrexa galega

Inda que o de recomendar un amigo estea mal visto non poiden menos que mostrarvos o traballo dun dos meus compañeiros de comunidade xuvenil (onde vai xa) que me sorprendeu con este estudio sobre a Igrexa en Galicia; coma os españois temos tanto medo a saber da nosa historia recente, para min foi unha ledicia ver que hai xente que non ten medo a entender o porqué das cousas. Cando alguén quere coñecer a unha persoa o primeiro que fai é falar con ela para saber da súa vida e poder comprendela e amala cos seus defectos e virtudes e saber como chegou a ser hoxe o que é polo que foi antes.


Nunca entenderemos a nosa forma de ser como comunidade se non queremos mirar atrás e saber, e comprender, e intentar mellorar o que somos sen medos, sen vergoñas e entendendo que non podemos xulgar a ninguén desde hoxe, senón desde a súa propia situación no pasado. Quen non se decatou de que aquela frase "eran outros tempos" faise realidade mirando só vinte anos atrás?, pero non somos capaces de empatizar, de "poñernos no lugar" e tamén no tempo. Seguramente, co que hoxe sabemos, ou mellor, vivimos, no pasado tomariamos outras decisións, pero tampouco seriamos o que somos hoxe se non tomasemos esas decisións.


Atrevámonos a mirar atrás para entender o presente, iso foi o que pensou José Ramón, o autor, cando se decidiu a escribir sobre a Igrexa en Galicia no século XX; comezou coa Galicia do franquismo e, tratando de entender os porqués, escribiu dous libros máis do momento anterior. Eu estou lendo o seu último libro (o primeiro ordenándoos cronolóxicamente no século) e a actualidade dalgunhas cousas faime revolver por dentro. Segundo el mesmo di, o libro do franquismo é o máis difícil de ler porque parte da súa tese, polo que é posible que o reforme se é que hai proximas edicións ou novo libro.


Para min o único pero é que non estean en galego, que para iso falan de Galicia, pero todo chegará...








Comentarios

Publicacións populares