Canto das chirimías ó Apóstolo

Para algo bo tiña que servir o roubo do Códice Calixtino, que foi para que os galegos tivesemos ansia de coñecer máis sobor del. Inda que, como galega e profe de historia xa sabía desta marabilla, serviume para profundizar e abraiarme novamente cos seus tesouros, neste caso a súa música. Din cunha grabación que vos propoño para cantar na parroquia o día do Apóstolo, xa que se pode aprender facilmente pola súa letra e porque me atrevín -co pouco que sei- a sacarlle as notas para acompañar con guitarra. O ideal sería tocalo con frauta ou co punteiro da gaita (dentro das igrexas o son da gaita é atronador para a oración -iso si, probablemente perfecto para o gloria ou o santo en Pascua ou no Nadal-, pero o punteiro ten un aire ás chirimías medievais, e seguro que alguén da parroquia sabería tocalo e sería precioso para o 25 de xullo, o día do Apóstolo, festa maior en moitas parroquias).

Aproveito para aplaudir o traballo deste grupo, Brañas Folk, e do coro Ruada que nos agasallan con este espectacular traballo. O único que me da pena foi non atopar a partitura, a ver se damos con alguén que a teña e quera compartila con nós. 



CANTO DAS CHIRIMIAS
DA CATEDRAL DE SANTIAGO
Brañas Folk e o Coral de Ruada

Meu Santiago, meu Santiaguiño,
apóstolo da nosa fe,
bendice ós que vén de lonxe
eiquí te veñen a vere.

Meu Santiago, meu Santiaguiño,
apóstolo da nosa fe,
que xamáis perda Galicia
a sorte do teu querere.






PARA SABER MÁIS: http://www.branhasfolk.com/index.php?sec=obradoiro_escola&ap=videos



NOTAS PARA GUITARRA

RE                     LA                  RE
Meu Santiago, meu Santiaguiño,
    DO          RE        lam
apóstolo da nosa fe,
  RE                     SOL     LA  RE
bendice ós que vén de lonxe,
SOL     RE  LA   SOL RE
eiquí te veñen a vere,
  RE                    SOL      LA RE
bendice ós que vén de lonxe,
SOL    RE  LA    SOL RE
eiquí te veñen a vere.

Meu Santiago, meu Santiaguiño,
apóstolo da nosa fe,
que xamáis perda Galicia
a sorte do teu querere,
que xamáis perda Galicia
a sorte do teu querere.


Comentarios

Publicacións populares