Abres Ti, Señor a man, e dasnos fartura - Salmo 144

                         Domingo 17 Ord - ciclo B 






ONDE MERCAREMOS PAN

Pan do bo quere o meu pobo,
que é un pobo derreado,
pan forte lle fortaleza
os ósos escangallados.

Onde estará ese pan
para unha xente apoucada,
que morre ao se ver morrer
e non protesta a xogada?

Coma ovellas sen pastor
teño o meu pobo perdido,
exposto a ser pan de todos,
sen pan para ser mantido.

Onde mercaremos pan?
-Pídovos consello, amigos-­
Que me doe no corazón
tanto irmán triste e fundido.

Propoño coma tarefa
buscar pan á retesía
co que manter a fraqueza
do meu pobo noite e día.

E na escolla do panciño
habemos ser esixentes:
quero un pan con ben sustancia
que terme forte das xentes.


Comentarios

Publicacións populares