Empezou a mandalos - Mc 6, 7-13
Domingo 15 de Ordinario - ciclo B
SEMENTES
DO REINO
Sodes sementes do
Reino plantadas na historia.
Sodes boas e
temas, cheas de vida.
Téñovos na miña
man,
acubíllovos e
quérovos,
e por iso vos
lanzo ao mundo: Perdédevos!
Non lle teñades
medo ás treboadas ou ás secas,
a pisadas nin a
espiños.
Bebede dos pobres
e enchoupádevos do meu orballo.
Fecundádevos,
rebentade, non quededes enterrados.
Florecede e dade
froito.
Deixádevos
abanear polo vento.
Que toda persoa
que ande por vieiros e camiños,
buscando o que
está perdido,
ao mirarvos
sinta unha
treboada e poida amarvos.
Sodes sementes do
meu Reino!
Comentarios
Publicar un comentario