Fichas para o Corpus Christi



Historia do Corpus Christi:

PARA A CATEQUESE

É bo momento para que os nenos saiban o que é a Adoración do Santísimo Sacramento. Moitas veces curiosean e chámalles a atención ver ós maiores rezando ante a custodia.

Podemos ensinarlles, sinxelamente, a saudar a Xesús no Sagrario ou na Custodia, facendo co sacerdote ou catequista a seguinte oración:





Ou lembrar as palabras máis importantes da Eucaristía...


Ou unha manualidade para facer cos nenos superfácil...

  

Ou máis fácil todavía, facendo ti mesm@, con folios de cores, a parte da custodia (ver http://bontempsbeignet.blogspot.com.es/2011/11/faux-sneaux-flakes.html , non fai falta que fagades debuxos tan complicados, simplemente recortando semicírculos ou pequenos triángulos queda espectacular) e logo engadir o debuxo da Sagrada Forma no centro e recortar a base doutra cor.



ESQUECÍN A ENQUISA (engadina máis tarde)

 _______________________________

SOLUCIÓNS

1 Corpus Christi conmemórase o primeiro domingo tras Pentecoste.

ERRO:  Primeiro xoves tras o domingo da Santísima Trinidade

2  A Santísima Trinidade, que conmemoramos o domingo pasado, está composta de tres persoas.
CERTO: Pai, Fillo e Espírito Santo

3 Na multiplicación dos pans, Xoán atopou un rapaz que tiña 5 pans e 2 peixes (Xn 6, 8-10).
ERRO: Andrés

4 Na segunda multiplicación dos pans sobrou para 1000 persoas (MT 15, 38).
ERRO: 4000 homes sen contar mulleres e nenos

5 Na primeira multiplicación dos pans, o que sobrou tratou de máis de 5000 persoas (MT 14, 20-21).
CERTO

6 Cando comulgamos pasamos a ser sagrario vivo.
CERTO: Levamos a Cristo vivo no noso corazón

7  A Eucaristia foi instituída, isto é, celebrada por primeira vez, o Venres Santo.
ERRO: Xoves Santo, día da Santa Cea

8 A palabra Eucaristía significa “sacrificio”.
CERTO: Significa “sacrificio de acción de grazas”, do grego “Eukharistía”

9  Cada vez que a comunidade realiza o xesto do pan e do viño, fai a Xesús presente e vivo entre nós.
CERTO

10 A Igrexa dedica 2 grandes festas ao sacramento da Eucaristía: Xoves Santo e Corpus Christi.
CERTO

11  Participar da confección das alfombras é unha forma de mostrar que somos unha comunidade composta de irmáns que posúen dons iguais.
ERRO: Dons distinguidos, distintos

12 A festa de Corpus Christi ten 2 grandes momentos: a celebración da Santa Misa e a entrega das ofrendas.
ERRO: O segundo momento é a Procesión sobre as alfombras

13 Na festa do Corpo de Cristo, como fillos da Igrexa, levamos a María, presente na figura do pan, polas rúas da nosa cidade.
ERRO: Levamos o propio Cristo

14  Para comulgar debemos evitar comidas, bebidas, menciñas e auga ata 1 hora antes da Comuñón.
ERRO: Menciñas e auga non teñen necesidade de xaxún.

15 A través do mandamento da Eucaristía, renovamos a vida, morte e resurrección de XESÚS, onde el se ofrece como alimento para nós, na Santa Misa.
ERRO: Sacramento da Eucaristía.

16 No xesto memorial (porque recorda a vida de Xesús) do pan e do viño, somos convidados a amar ata as últimas consecuencias, como Xesús nos amou, aceptando perder todo e entregándose totalmente por causa do Amor.
CERTO





Comentarios

Publicacións populares