Bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo - Mt 28, 16-20
TI
Ti que estás por encima de
nós,
Ti que es un de nós,
Ti que estás tamén en nós,
fai que o mundo TE vexa
tamén en min
e que eu che prepare o
camiño.
Que che agradeza todo o
que ocorre,
que non esqueza a miseria
dos demais.
Gárdame no teu amor,
como queres que os demais
permanezan no meu.
Que todo o que forma parte
do meu ser
sirva para a túa loanza
e que non desespere
xamais.
Porque eu estou na túa man
e en ti está toda forza e
toda bondade.
Dáme un corazón puro para
que te vexa,
un espírito humilde para
que te escoite,
o espírito de amor para
que te sirva,
o espírito de fe para que
permaneza en ti.
Ti. a quen non coñezo,
pero a quen pertenzo.
Dag Hammarskjold
Comentarios
Publicar un comentario