23 jun. 2012

Xoán é o seu nome - Festividade de S.Xoán Bautista

Domingo S.Xoán - ciclo B




ÉRGUETE, SEÑOR, ESPERTA

Á caída da noite,
cando esconde a luz as súas claridades
e un perde o camiño
e xa non sabe
se vai ou non vai pola verdade:

Érguete, Señor, esperta,
faite luz na noite cega.

No medio da ondaxe,
cando a barca da vida na que andamos
vai e vén sen rumbo nin progreso,
non se sabe nin por que mover o remo,
a piques de rompelos,
a piques de fundimos sen remedio:

Érguete, Señor, esperta,
faite temón firme na desfeita.

No día das dúbidas e os medos,
cando de ti dubidamos e dos outros,
e de nós mesmos,
ea impotencia arrola no seu berce ao medo,
e o medo lle dá brazos á impotencia,

Érguete, Señor, esperta,
e faite para nós potencia certa.

Érguete, Señor, esperta,
faite luz na noite cega,
faite temón firme na desfeita,
faite para nós potencia certa,
vento maino na fogaxe da tarefa,
acougo na loita e paz serena.
Fainos sentir o teu poder á nosa beira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario