16 jun. 2012

É bo honrar o teu nome, Señor - Salmo 91

Domingo 11 de ordinario - ciclo B




BENDITO ES, SEÑOR

Bendito o teu Santo Nome: «Señor»,
fonte de toda vida, Pai de amor.

Bendito es ti. Palabra do Pai.
Verdade e Luz.

Bendito es, Amor.
Danza e abrazo divino, Consolador.

Bendito es, un e trino, de comuñón misterio,
e da graza, río.

Bendito Principio, Santa Trindade,
Alfa e Omega, permanente eternidade.

Bendito, o meu Deus,
o meu amor e a miña luz,
o meu dono e o meu Ti,
a miña vida e o meu sol,
e o meu Eu.

Bendito sexas, Señor. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario