Douche grazas, Señor por me faceres coma un prodixio - Salmo 138
Domingo de S. Xoán - ciclo B
O
CÁNTICO DAS CRIATURAS
Altísimo e omnipotente bo
Señor,
túas son as loanzas,
a gloria e a honra e toda
bendición.
A ti só, Altísimo,
convéñenche
e ningún home é digno de
nomearte.
Loado sexas, meu Señor,
en todas as túas
criaturas,
especialmente no Señor
irmán sol,
por quen nos dás o día e
nos iluminas.
E é belo e radiante con
gran esplendor,
de ti, Altísimo, leva
significación.
Loado sexas, meu Señor,
pola irmá lúa e as
estrelas,
no ceo formáchelas claras
e preciosas e belas.
Loado sexas, meu Señor,
polo irmán vento
e polo aire e a nube e o
ceo sereno e todo tempo,
por todos eles ás túas
criaturas dás sustento.
Loado sexas, meu Señor,
polo irmán lume,
polo cal iluminas a noite,
e é belo e alegre e
vigoroso e forte.
Loado sexas, meu Señor,
pola irmá a nosa nai
terra,
a cal nos sostén e
goberna
e produce diversos froitos
con coloridas flores e herbas.
Loado sexas, meu Señor,
por aqueles que perdoan
polo teu amor,
e sofren enfermidade e
tribulación;
benaventurados os que as
sufran en paz,
porque de ti, Altísimo,
coroados serán.
Loado sexas, meu Señor,
pola nosa irmá morte
corporal,
da cal ningún home vivente pode escapar.
da cal ningún home vivente pode escapar.
Ai daqueles que morran
en pecado mortal.
Benaventurados aos que atopará
na túa santísima vontade
porque a morte segunda non lles fará mal.
Loen e bendigan ao meu
Señor
e déanlle grazas e sírvano con gran humildade.
e déanlle grazas e sírvano con gran humildade.
Comentarios
Publicar un comentario