9 jun. 2012

Alzarei a copa da salvación, invocando o nome do Señor - Salmo 115

Domingo Corpus Christi - Ciclo B



CAL É O TEU NOME?

Cal é o teu Nome?
O meu Nome é Santo,
o meu Nome é Iavé,
o meu Nome é indicible,
o que ama e o que é.
O meu Nome é Graza,
o meu Nome é Amor,
o meu Nome é misterioso,
o meu nome é o «Señor».

O meu Nome é apertura,
o meu Nome, Comuñón,
lume e tenrura,
o meu Nome, Paixón.

Fogueira e manancial,
Pai, sempre Pai,
cegadora verdade. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario