Día do Corpus Christi

Xa que vivo en Ponteareas, vila do Corpus, que menos que celebralo dun xeito especial : decateime que hai dúas oracións en galego que todavía non compartin con vós e que hoxe se poden rezar especialmente.

Adicadas a todos vós neste día:

PANGUE LINGUA



Canta, lingua, o misterio
do Corpo glorioso
e o precioso Sangre
que como precio do mundo

o froito do ventre xeneroso,
o Rei das nacións, derramou.
Foinos dado, foinos  nacido
dunha Virxe intacta,

e tras pasar a súa vida no mundo,
unha vez espallada a semente da súa Palabra,
terminou o tempo do seu desterro
dando unha admirable disposición.

Na noite da Última Cea,
recostado á mesa cos irmáns,
despois de observar toda a lei
sobre a comida legal,

dase coas súas propias mans
como alimento para os Doce.
Ao Pai e ao Fillo
louvanza e xúbilo,
saúde, honor, poder
e bendición;

Canta, lingua o misterio
do corpo glorioso.


TANTUM ERGO



Veneremos, pois, inclinados,
tan grande Sacramento;
e a Antiga Figura ceda o posto
ao Novo Rito; a fe supla
a incapacidade dos sentidos.

Ao Pai e ao Fillo
louvanza e xúbilo,
saúde, honor, poder e bendición.
Unha gloria igual sexa dada
ao que do Un e do Outro procede.


Comentarios

Publicacións populares