Eu lóote, Señor, porque me libraches - Salmo 29
Domingo 13 de ordinario - ciclo B
CHAMADO A SER CRENTE
Non teñas vergonza por seres crente.
Os grandes homes
e mulleres do mundo
foron grandes
crentes.
Hai moita xente relixiosa
que di ser crente,
e non é.
Hai curas e bispos
que pasan por mestres de crentes,
e eles
non cren.
Hai homes e mulleres
que aborrecen a relixión,
e teñen comportamentos marabillosos
de
verdadeiros crentes.
É que un non se fai crente, sen máis,
por levar no peito unha medalla,
por ir de romaría
ao santo Andrés de lonxe,
ou por misar
sete veces por semana.
Ser crente significa
abrirlle os brazos á vida,
darlle a man ao teu veciño,
acabar xuntos con todas as cadeas,
e gozar con Deus
alentando e coroando todo iso.
A fe produce en quen a ten
unha esperanza duradeira
e un amor inquebrantable.
Xesús foi un gran crente.
Anímate a ser un crente coma el.
E a túa fe hate salvar.
Comentarios
Publicar un comentario