9 jun. 2012

Este é o meu Corpo. Este é o meu Sangue - Corpus Christi ciclo B

Domingo Corpus Christi - ciclo B



TI ES O PAN DO CEO

Ti es o pan do ceo, novo maná
que para a nosa vida o Pai nos dá.

Eu son o verdadeiro
pan que do ceo veu,
non como aquel primeiro
que Moisés vos deu.

Eu son o pan da vida
que non se acabará:
o que ben me reciba
por sempre vivirá.

Eu son o manantío,
veña beber en min
quen queira ter un río
vivo dentro de si.

Eu son a luz do mundo:
o que comigo vén
non anda máis no escuro,
senón á luz da fe.

Deixade que os meniños
se acheguen onda min,
pois que é dos pequeniños
o mundo que ha de vir.

                          (Himno do Corpus)


No hay comentarios:

Publicar un comentario