Feliz o pobo a quen Deus escolleu como herdade - Salmo 32



COMUNIDADE, CAMIÑO COMPARTIDO

Dicir comunidade é dicir camiño compartido,
moitas mans que se xuntan
para facer a andaina máis liviá.
É compartir a vida entrelazada,
é xuntar, baixo as mesmas esperanzas,
as nosas diferenzas, que, así, non nos separan.

Dicir comunidade é falar de proxecto común,
de soños compartidos, de camiño acompañado.
É pensar no outro, no mellor para o outro,
e pensar, xuntos, no mellor de nós para os outros.
Dicir comunidade é alentarse uns aos outros
e corrixirse sen medo a anoxarse.

É animarse a medrar xuntos, paseniñamente.
É falar de apertura e de entrega,
de servizo aos demais.
É aprender a ofrecerse, xenerosos.

É compartir a vida de Deus,
fonte de vida, esperanza e amor.
Dicir comunidade é común - unidade
de criterios verdadeiros, os do Evanxeo,
de opcións valentes, as de Xesús;
de retos difíciles, os do Reino en marcha.

Aquí estamos, Señor, xuntos e en camiño,
para facer medrar o teu Reino onde pidas.

                                                                       (M. Murúa)


Comentarios

Publicacións populares