PARA A CATEQUESE: SOBRE O TEMPO PASCUAL III


A Pascua para os hebreos
Non é casual a duración de cincuenta días, xa que se acha en relación coa festa xudía das Semanas. Os xudeus celebran a festa de Pentecoste -en hebreo Xabuot ou Festa das semanas- as sete semanas da festa de pascua (50 días). Ese día os israelitas acudían en peregrinación ao templo de Xerusalén, portando as primicias -os primeiros froitos das súas colleitas-; quen non puidesen peregrinar, celebraban a gran festa na sinagoga da súa poboación, profusamente adornada para a ocasión.

Tamén para os cristiáns Pentecoste é unha festa moi importante, xa que ese día recibiron os apóstolos a graza do Espírito Santo, segundo relata San Lucas nos Feitos dos Apóstolos. Así pois, a comunidade cristiá celebra ese día a efusión do Alento ou Espírito Santo, exhalado polo Pai sobre os apóstolos por medio de Xesús resucitado.

«A Cincuentena Pascual» é o tempo comprendido entre dúas festas importantes: a resurrección de Cristo e a efusión do Espírito Santo. É tempo de gran significación, no que se celebra e conmemora de modo especial aquel acontecemento salvífico. Esa é a razón pola cal é denominada a Cincuentena como tempo Santo,  alegre, xubiloso, festa de gozo, gran domingo, imaxe do mundo futuro.

Tamén é tempo de perdoar, de encomendarnos a Cristo, de socorrer ao necesitado, de celebrar que o Cristo está entre os seus (Mc 1, 19-20), de celebrar o bautismo, de lembrar a resurrección de Cristo grazas á acción fecunda do Espírito Santo. Dito doutro xeito, tempo para prolongar e celebrar a Festa de Pascua.

A Festa da Ascensión
A mediados do século IV, polo menos en Roma, empezaron a celebrar a Ascensión do Señor, ao como relata San León Magno nas súas homilías (440-461). Posteriormente, a finais do século IV, nalgúns lugares empezaron a conceder especial importancia ao último día da Cincuentena, é dicir ao día de Pentecostés.

Nalgunhas comunidades, especialmente nas de Occidente, lembraban a vinda do Espírito Santo, pero sen esquecer que o Espírito era unha graza concedida por Xesucristo na súa Pascua. En Roma, o día de Pentecoste chegou a celebrarse un dobre da festa de Pascua: a véspera había que xaxunar, organizaban a vixilia nocturna facendo tantas lecturas como na Vixilia Pascual e, ademais, engadíronlle a oitava. Nas comunidades eclesiais de Oriente (Xerusalén, Siria, Edesa, Mesopotâmia) celebraban a chegada do Espírito Santo e a Ascensión de Xesús.

Comentarios

Publicacións populares