19 may. 2012

Foi elevado ó ceo e senta á dereita de Deus - Mc16,15-20

Ascensión do noso Señor - ciclo B



ASCENSIÓN  É ...

abrir a gaiola do paxaro en catividades,
Romper as cadeas de inxustiza e morte,
derrubar toda tapia e todo muro,
as portas solidarias sempre abertas.

Ascensión é ...
rescatar ao cativo do seu inferno inmerecido,
vencer apegos e ataduras ás cousas,
levantarse do chan e das poltronas,
superar os costumes deprimentes e os vicios

Ascensión é ...
ir de samaritano pola vida,
quitar as cataratas de ollos vellos,
ensinar camiños de subida,
acender e poñer a alma en vilo.

Ascensión é ...
compoñer e cantar cánticos acendidos,
ofrecer razóns de esperanza,
espertar o instinto creativo,
interpretar os signos dos tempos.

Ascensión é ...
poñer o corazón nas estrelas,
bater marcas de altura cada día,
subir os outeiros da vida
conscientes de que o Pai nos espera.



No hay comentarios:

Publicar un comentario