De ti vén a miña louvanza na asemblea - Salmo 21

Domingo 5 de Pascua - ciclo B



O TEMPO DOS ACIOS

Algún día, quizais, levarei froitos
nas miñas mans de vello, dubidosas,
e erguereinos cara a ti para dicirche:
é o mellor, perdoa, que son poucos.

Xuntarei o meu acio douradiño 
cos acios dos amigos e veciños, 
e faremos así xuntos un gran viño 
e que anime o corpo dos cansos no camiño: 
que unha vella, como din, xuntando vagos, 
xuntou e xuntou para cen canados".

Deixareime chapodar por Deus labrego; 
que limpe a vara e a faga vigorosa, 
fiareime das súas mans de experto 
que sabe de colleitas abondosas.

Serei un con Xesús na mesma paz e loita, 
fareime así incansable na tarefa; 
non hai forza comparable á súa forza, 
nin hai brazo que tal terme na desfeita 
nin hai froitos máis fermosos noutra cepa. 

Comentarios

Publicacións populares