Deus entre aclamacións, o Señor ao son de trompetas - Salmo 46

Ascensión do noso Señor - ciclo B



SALMO PARA AGRADECERLLE A DEUS
A SÚA COMPAÑA DE CADA DÍA

Que gusto dá espertar
coa túa luz cada día
e ir contemplando as cousas
coas que encher a vida!
Que gusto verte a ti nelas
rompendo a noite co día!

Na nai que coida dos nenos,
que os mantén e os arroupa
para que vaian medrando
con ilusión e con forza
eu véxote a ti, pai noso,
agarimador da xente toda.

No labrego apaixonado,
loitador comunitario,
que busca no pan a paz
e a forza para o seu traballo
vexo a Xesús defensor
da dignidade dos baixos.

En cada gromo que agroma,
en cada herbiña que apunta,
en cada flor que xa asoma,
no nacer dunha leituga
vexo o Espírito de vida
que á vida feliz me empuxa.

Que gusto dá espertar
e verte nas cousas todas!
Que gusto dá traballar
para que a xustiza as envolva!
Que gusto dá espertar
e cantar a túa gloria!




Comentarios

Publicacións populares