5 may. 2012

Quen permanece en min e Eu nel é portador de froito abondoso-Xn 15, 1-8

Domingo 5 Pascua - ciclo B


NOVOS BACELOS

Vós sodes a luz do mundo,
ardente sal nesta terra,
cidade esvelta no monte,
fermento na masa seca.

Vós sodes novos bacelos,
eu, a vide verdadeira,
se meu pai poda as ponlas,
máis froito levan as cepas.

Vós sodes a abundancia
do Reino que xa está cerca,
os doce mil sinalados
que non caerán na sega.

Ditosos, porque sodes limpos
e ricos e, pola pobreza,
é voso o reino que só
se gaña coa violencia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario