PARA A CATEQUESE: SOBRE O TEMPO PASCUAL V


Pentecoste

É o domingo que conclúe os cincuenta días do Tempo Pascual. Como xa dixeramos, as orixes bíblicas desta celebración atópanse na festa de Xabuot na que os israelitas lembran a alianza do monte Sinaí. En tempos de Xesús, este día acudían en peregrinación a Xerusalén, para ofrecer ao Señor as primicias (primeiros grans e froitos) no templo.

Aquel día, estando os apóstolos en oración no Cenáculo -estaba con eles tamén a Virxe María e outros seguidores- recibiron o Espírito de Cristo resucitado, que se manifestou como un forte vento e chamas de lume, tantas como persoas reunidas. Quedaron cheos do Espírito Santo (Ftos 2, 1-4). Este acontecemento sitúao Xoán, no seu evanxeo, no Domingo de Pascua (Xn 20, 22). Posiblemente na narración dos Feitos dos Apóstolos estea xa condicionada por unhas claves litúrxicas.
Movidos polo Espírito, empezaron a dar testemuño valente e gozoso sobre Xesús, e aquel día agregáronselles uns tres mil acodes, tras pasar pola fonte do Bautismo.


Así, impulsados polo Espírito, a Igrexa empezou a reunirse ao redor de Cristo resucitado, dando testemuño de Xesús morto e resucitado, e anunciando a súa mensaxe.

A liturxia celebra solemnemente a Festa de Pentecoste:

Presenta os temas de celebración da Vixilia, tomando como modelo a Vixilia Pascual.

Selecciona cinco lecturas, cos seus correspondentes salmos responsoriais e oracións:
- O Acontecemento da torre de Babel. (O misterio da dispersión)
- A Alianza do monte Sinaí e o agasallo da Lei (A profecía da comuñón)
- A vida que se dá aos ósos secos pola acción do espírito (A vida que florece)
- Anuncio da efusión do espírito
- O Espírito está ao noso favor

Evanxeo: “Manarán ríos de auga viva” (chegada do Espírito Santo)

As lecturas da eucaristía do Domingo de Pentecoste son as seguintes:

Primeira lectura:
- O Acontecemento de Pentecoste

Segunda lectura:
- (No ano A) Bautizados no mesmo Espírito
- (No ano B) Froitos do Espírito
- (No ano C) O Espírito guía o bautizados

Evanxeo:
- (No ano A) Recibide o Espírito Santo
- (No ano B) Chegada do Espírito da verdade
- (No ano C) O Espírito ensinaravos todo


Coa celebración das II Vésperas do Domingo de Pentecoste conclúese o Tempo Pascual, apagándose o cirio que se deposita no bautisterio.
                                                           

Comentarios

Publicacións populares