Domingo 6 de Pascua
6º DOMINGO
DE PASCUA - CICLO B
Primeira
Lectura Feit 10, 25-26. 34-35. 44-48
LECTURA
DO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Tamén entre
os xentís foi derramada a graza do Espírito Santo
Cando Pedro ía entrar, foi Cornelio á porta e
botándoselle aos pés, prostrouse. Pero Pedro levantouno, dicíndolle:
‑ Érguete, que eu tamén son un home.
Tomou entón Pedro a palabra e dixo:
‑ Abofé, vexo que Deus non fai distinción de persoas,
senón que acepta ao que lle é fiel e practica a xustiza, sexa da nación que sexa.
Aínda Pedro estaba a dicir estas cousas, cando o
Espírito Santo veu sobre todos os que escoitaban a palabra.
Tódolos crentes da circuncisión, que viñeran con
Pedro, ficaron cheos de asombro ao veren que o don de Espírito Santo tamén se
espallaba sobre os pagáns, pois sentíanos falar en linguas e loar a Deus.
Entón Pedro dixo:
‑ Pode alguén negarlle a auga do bautismo aos que
recibiron o Espírito Santo o mesmo ca nós?
E mandou que os bautizasen no nome de Xesús Cristo.
Entón pedíronlle que quedase con eles algúns días.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL
Sal 97, 1. 2-3ab. 3cd-4
R/. (cf.
2b): O Señor revela a súa xustiza ante os pobos.
Ou: Aleluia
Cantade ao Señor un cántico
novo,
pois fixo marabillas;
a súa destra deulle a vitoria,
o seu brazo santo.
0 Señor dá a coñecer a súa
vitoria,
revela a súa xustiza ante os
pobos.
Lembrou a súa misericordia e a
súa fidelidade
coa casa de Israel.
Os confíns todos da terra
percibiron
a vitoria do noso Deus.
Aclama ao Señor, terra enteira,
rompede a cantar e a tocar.
Segunda
Lectura 1 Xn 4, 7-10
LECTURA
DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN XOÁN
Deus é amor
Meus amigos, amémonos uns aos outros, porque o amor
vén de Deus; e todo aquel que ama naceu de Deus e coñece a Deus. O que non ama,
aínda non coñece a Deus, porque Deus é amor.
O amor de Deus fíxose ver entre nós en que Deus
mandou ao mundo o seu Fillo Unixénito, para que nos dese a súa vida.
Hai amor dentro de nós, non porque nós teñamos amado
a Deus, senón porque El nos amou a nós e mandou o seu Fillo para que expiase os
nosos pecados.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Xn 14, 23
Se non se
canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Quen me ama, cumprirá a miña
palabra, di o Señor;
e o meu Pai amarao e viremos a
el.
Aleluia.
Evanxeo Xn 15, 9-17
LECTURA
DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Ninguén ten
amor meirande ca este: que un dea a súa vida polos amigos
Naquel tempo díxolles Xesús aos seus discípulos:
- Como me amou o Pai, así vos amei eu: permanecede no
meu amor. Se gardades os meus mandamentos, permaneceredes no meu amor, como eu
gardei os mandamentos de meu Pai, e permanezo no seu amor.
Díxenvos estas cousas para que a miña alegría estea
en vós, e a vosa alegría sexa plena.
Este é o meu mandamento: que vos amedes uns a outros
como eu vos amei. Ninguén ten amor meirande ca este: que un dea a súa vida
polos amigos. Vós sodes amigos meus, se facedes canto eu vos mando.
Xa non vos chamo servos, que o servo non sabe o que
fai o seu señor: a vós trateivos de amigos, pois todo o que lle oín a meu Pai
déivolo a coñecer.
Non me escollestes vós a min, senón que vos escollín
eu a vós; e púxenvos para que vaiades e levedes froito e o voso froito
permaneza; de xeito que todo o que lle pidades ao Pai no meu nome, volo
conceda.
Mándovos isto: que vos amedes uns a outros.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ÉRGUETE, VAI
(PASCUA DO ENFERMO 2012)
PÓRTICO
Temos escoitado moitas veces que a
fe cristiá é universal, que non ten fronteiras, que está por riba de razas,
linguas, países, culturas, condición sexual, situación económica, laboral ou
social. E iso é verdade, o que ocorre que a esta afirmación teórica é necesario
poñerlle vida, praxe, rostro, persoas, para evitar que se quede nun marabilloso
pronunciamento. A iso, a poñerlle nome e rostro humano ás cousas, é ao que nos
invita a celebración de hoxe desde as lecturas que imos proclamar; unha
invitación para que espertemos do sono de reducir a fe a un simple estar nas
celebracións, e a convertamos en forza, alento e motor do que facemos na vida.
Deste xeito faremos realidade a chamada que Xesús nos fai de ser testemuñas
súas desde o servizo aos homes e mulleres do noso tempo.
Neste poñer nome e rostro humano, a
pascua do enfermo que hoxe celebramos achéganos a un mundo, o da enfermidade,
que nos ensina a outra cara da realidade: a da debilidade, a da propia limitación,
aquela que nos fai tomar conciencia de que somos seres finitos; pero ao mesmo
tempo a que atopa a Deus como forza, a que nos fala de eternidade, a que sente
a vida e a fe coma agasallos do Pai. Nas persoas doentes, as comunidades teñen
permanentemente o testemuño de Cristo. Hoxe, no día da súa pascua, haberá que
facilitarlles o encontro co Resucitado non só persoal, senón tamén
comunitariamente, visitando, acompañando, achegándonos a eles.
O PERDÓN
ö Por ter
esquecido o amor e o servizo ás persoas, substituíndoos por normas que non
axudan a ninguén, SEÑOR, QUE O NOSO
SERVIZO SEXA ÁS PERSOAS NECESITADAS E ENFERMAS.
ö Para que
nos acostumemos a rezar desde o concreto: o que nos pasa, o que nos preocupa, o
que nos fai sentir pequenos e excluídos, CRISTO,
QUE O NOSO SERVIZO SEXA ÁS PERSOAS NECESITADAS E ENFERMAS.
ö Para que
consigamos facer da nosa vida unha experiencia de encontro que nos afaste do
illamento e da soidade, SEÑOR, QUE O
NOSO SERVIZO SEXA ÁS PERSOAS NECESITADAS E ENFERMAS.
REMUÍÑO




ORACIÓN DA COMUNIDADE
No amor que Deus nos ofrece e desde o que nos invita a ser prolongación
del no medio do mundo dicimos xunt@s:
QUE VIVAMOS O AMOR NON COMA SERVOS, SENÓN COMA AMIGOS
*
Para que a Igrexa se esforce por estar á altura da
misión que nos encomendaches de vivir no e para o amor, e nos axude a
sentírmonos non servos, senón amigos, OREMOS.
QUE VIVAMOS O AMOR NON COMA SERVOS, SENÓN COMA AMIGOS
*
Para que nas nosas parroquias entendamos dunha vez
por todas que amar é preocuparse polo que lle pasa aos demais, non para
criticalos ou falar deles, senón para querelos, axudalos e tenderlle a nosa man
cando a necesiten, OREMOS.
QUE VIVAMOS O AMOR NON COMA SERVOS, SENÓN COMA AMIGOS
*
Hoxe, no día das persoas doentes, pedimos dun
xeito especial por elas, que cangan sobre os seus ombreiros a pesada cruz da
enfermidade e polos seus familiares e coidadores, OREMOS.
QUE VIVAMOS O AMOR NON COMA SERVOS, SENÓN COMA AMIGOS
*
Tamén pedimos por tod@s @s profesionais da saúde:
médic@s, enfermeir@s, auxiliares, celadores, capeláns, limpadores,
administrativ@s... para que saiban ser para as persoas enfermas mans amigas e
corazóns quentes, cheos de tenrura e humanidade, e non esquezan nunca que, a
pesares dos tempos de crise, traballan con persoas e non con fríos números, OREMOS.
QUE VIVAMOS O AMOR NON COMA SERVOS, SENÓN COMA AMIGOS
*
Por tod@s nós, para que saibamos agradecer e
valorar o agasallo da saúde que Deus nos confía para que a coidemos, OREMOS.
QUE VIVAMOS O AMOR NON COMA SERVOS, SENÓN COMA AMIGOS
*
Para que nós aprendamos a poñerlle rostro de
humanidade ás palabras, e cando falemos de amor pensemos en quen o está a pasar
mal, en quen está enfermo, en quen se sente solo, en quen non ten traballo, en
quen... se mostra o rostro do Cristo sufrinte, OREMOS.
QUE VIVAMOS O AMOR NON COMA SERVOS, SENÓN COMA AMIGOS
Grazas, Señor, por axudarnos a descubrir que poñer a palabra amor nos
nosos beizos, pide de nós o esforzo por traballar para que as persoas
necesitadas nunca nos resulten indiferentes nin estrañas. P.X.N.S. Amén.
PARA A REFLEXIÓN
Bendicíchesnos, Señor,
co agasallo da fe que sanda e salva
e na que todo atopa sentido.
Señor,
nos momentos de dúbida e
desconcerto,
cando a dor e o medo se impoñen,
cando nos domina o sufrimento,
aumenta a nosa fe,
para descubrir o teu amor entrañable,
a túa misericordia que sanda as
feridas,
a túa vontade de conducirnos cara á
plenitude.
Señor,
que en cada acontecemento da vida,
na saúde ou na enfermidade,
na ledicia ou no pranto,
pasemos facendo o ben,
sendo testemuñas do teu amor que
salva.
Amén
CANTOS
ö
ENTRADA:
Vinde axiña
Vinde axiña
ö
LECTURAS:
Canta aleluia
Canta aleluia
ö
OFERTORIO:
Acharte presente
Acharte presente
ö
COMUÑÓN:
O amor é o meirande
O amor é o meirande
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario