Como me mandou a min o Pai, así vos mando eu a vós - Xn 20,19-23-



O ESPÍRITO DE XESÚS

Con medo gardados, con medo e sen paz,
dez acovardados pechados están.
Xesús presentouse e deulles a paz;
despois amosoulles o peito e as mans.

As mans que levaran servizo e paixón,
as mans perforadas dun traballador.
O peito ferido, fol de sentimentos,
de onde saíron tan limpos proxectos.

Moito se alegraron vendo o seu Señor
que resucitado vence o seu temor.
Era Xesús mesmo, o amigo fiel,
e dálles o alento que o moveu a El.

Xesús lles encargara a mesma misión
pola que El loitara con tanta paixón.
El que era tan rico nos bens que dá Deus,
fixérase pobre vivindo cos seus.

Vivindo coa xente, loitando con ela,
dos máis apresados rompera cadeas.
E para que ousaran en tanta tarefa,
deulles o Alento que do débil terma.

O Espírito Santo é o don de Deus;
un gran regalo que distingue aos seus.
Os que o levan dentro por pegas que houbera,
fan as cousas grandes que Xesús fixera.

Aos galegos todos que Deus nos conceda
Espírito abondo para erguer esta Terra.
E facermos dela unha Terra nova
para a clase labrega, á traballadora. 




Comentarios

Publicacións populares