O Señor revela ás nacións a súa xustiza - Salmo 97

Domingo 6 Pascua - ciclo B



GRAZAS, SENOR

Dámosche grazas, Señor, porque a túa Palabra,
pronunciada hai dous mil anos,
esta viva e eficaz no medio de nós.

Recoñecemos a nosa impotencia e incapacidade
para comprendela e deixala vivir entre nós.

Ela é mais poderosa e mais forte que as nosas debilidades,
mais eficaz que a nosa fraxilidade,
mais penetrante que as nosas resistencias.

Por iso pedímosche que nos ilumines coa túa Palabra,
para que a tomemos en serio
e abrámonos a aquilo que nos manifesta,
para que confiemos nela e permitámoslle actuar en nós
de acordo coa riqueza do seu poder.

Nai de Xesús, que confiaches sen reservas,
pedindo que se cumprise en ti a Palabra que che foi dirixida,
dános o espírito de dispoñibilidade
para que volvamos atopar a verdade sobre nós mesmos.

Fai que axudemos a homes e mulleres
a atopar a verdade de Deus sobre cada un.

Fai que a atope plenamente o mundo e a sociedade en que vivimos,
as persoas ás que queremos humildemente servir.

Pedímoscho, Pai, por Xesucristo, a túa Palabra encamada,
pola súa morte e resurrecci6n,
e polo Espírito Santo
que renova constantemente en nós a forza desta Palabra.  Amen.
                                       
                                                          Carlo M.a Martini 

Comentarios

Publicacións populares